Pages - Menu

Páginas

Páginas

Páginas

lunes, 30 de marzo de 2020

Abalar: Os contidos dixitais do proxecto E-Dixgal xa están a disposición dos centros educativos galegos

Abalar: Os contidos dixitais do proxecto E-Dixgal xa están a disposición dos centros educativos galegos

Dende o luns, 30 de Marzo, grazas á colaboración das empresas provedoras de contidos educativos dixitais do proxecto E-DIXGAL, estarán a disposición dos centros educativos galegos os contidos dixitais empregados en dito proxecto. Os centros que desexen empregar ditos recursos, deberán solicitalo a cada unha das empresas a través do seguinte procedemento:
aulaPlaneta
  • Mediante o formulario de solicitude accesible no enderezo https://www.aulaplaneta.com/contacto/
  • Posteriormente, para habilitar dito acceso gratuíto ata finais do curso, aulaPlaneta contactará co centro para realizar o proceso de rexistro dos usuarios (docentes e alumnado), mediante unha folla de cálculo.
  • Pódese solicitar acceso aos contidos de 5º e 6º de Educación Primaria, e de 1º a 4º da ESO.
     
  • Adicionalmente, para facilitar o uso didáctico dos recursos, o profesorado poderá acceder a diario a webminars e propostas didácticas a través do seguinte formulario

Edebé
  • Mediante o formulario de solicitude accesible no enderezo https://links.edebe.com/licencias
  • Ou chamando ao teléfono 902 44 44 41de luns a xoves de 8:00 a 18:00 e os venres de 8:00 a 14:00
  • Pódese solicitar acceso aos contidos de todos os cursos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato

Netext Smart
  • Mediante un correo electrónico ao enderezo  oficinatecnicantx@netexlearning.net  indicando o nome completo do solicitante, o teléfono ou correo electrónico de contacto, o código e nome completo do centro para o que se efectúa a solicitude, e os cursos e materias para os que se solicita o acceso  (de  5º e 6º de Educación Primaria, e 1º e 2º de ESO).

Pearson

sábado, 28 de marzo de 2020

“Servizos dixitais educativos”, novo temático no portal espazoAbalar

Xa está dispoñible un novo apartado no portal espazoAbalar no que se recollen os principais servizos dixitais educativos que están a disposición da comunidade educativa para organizar o seu traballo: páxinas web dos centros en Webs dinámicas, aulas virtuais, app de comunicación abalarMóbil para familias, servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros, servizo de videoconferencia, ferramenta de portfolio Agueiro, rede social do profesorado Redeiras, libro dixital E-Dixgal, e Escolas Na Nube.
Ademais, a partir da vindeira semana, iranse incluíndo neste espazo videotitoriais que expliquen de forma sinxela o uso destas ferramentas ao profesorado que o necesite.
O enderezo de “Servizos dixitais educativos” é:

miércoles, 25 de marzo de 2020

aulaPlaneta

Inscríbete a aulaPlaneta y sigue con tu enseñanza a distancia. 𝗦𝗶 𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗼𝗰𝗲𝗻𝘁𝗲 de 5º y 6º de Educación 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 y de la 𝗘𝗦𝗢 ahora puedes utilizar nuestros recursos y 𝗵𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝘀 𝗲𝗱𝘂𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶𝘁𝗮.
🔸 Inscríbete http://bit.ly/38RrKOJ

martes, 3 de marzo de 2020

Formación webinars: explotación das unidades didácticas SmartClassroom da Editorial Netex

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan dous webinars sobre contidos SmartClassroom da Editorial Netex, enmarcado dentro do Proxecto E-Dixgal.

O obxectivo fundamental destes relatorios online, que se van a celebrar os próximos días 11 e 12 de marzo a partir das 18:30 hs, é afondar no modelo pedagóxico dos contidos SmartClassroom desta Editorial.
Coñeceremos como son os contidos SmartClassroom e que funcionalidades nos ofrecen. Os principais temas que se van a tratar son:
  • Saber que estudantes están conectados ou non á clase.
  • Comprobar quen está traballando nas actividades e que respostas deron.
  • Dirixir e bloquear ao alumnado a unha zona concreta da unidade.
  • Avaliar preguntas de resposta libre.
  • Analizar a evolución do alumnado e as súas puntuacións.
  • Reordenar as leccións dunha unidade para cambiar a secuencia didáctica.
  • Crear novos contidos (textos, actividades…)
  • Analítica.
Estas e outras cuestións serán traballadas nestes curtos webinars. Ademais vostede poderá plantexar as dúbidas que teña sobre calquera cuestión destes contidos.
O webinar para os/as docentes que imparten en Educación Primaria será o mércores día 11 ás 18.30 hs, mentres que para o profesorado de Educación Secundaria será o xoves día 12 ás 18.30 hs. O número máximo de participantes por sesión é de 500.
Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns:

Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns: