Pages - Menu

Páginas

Páginas

Páginas

martes, 21 de noviembre de 2023

Webinar de Edebé: Sesión práctica. Como personalizar e aplicar na aula unha situación de aprendizaxe?

 

 

O próximo martes día 28 de novembro, a partir das 15:30 hs, vai ter lugar un webinar para facer un caso práctico de como levar a cabo unha situación de aprendizaxe na aula de maneira exitosa, cos recursos que Edebé pon a disposición do profesorado.

  • DATA: martes 28 de novembro
  • HORARIO: a partir das 15:30 hs.

O profesorado interesado neste webinar pode incorporarse a esta sesión a través da seguinte ligazón:
https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZMvcu-qqDktGNKhEJUbMojJgaNT0_2YxWpm


martes, 7 de noviembre de 2023

Novas Edixgal

Os centros educativos poden solicitar sesións de formación dentro do Plan de Formación de Centro, en formato presencial ou online, para coñecer en profundidade os contidos curriculares dixitais de Aulaplaneta: Están indicadas para novos centros E-Dixgal e centros que xa o utilizan e queiran afondar ou resolver dúbidas. Poderán acreditarse estas horas de formación como parte do PFPP do propio centro. No formulario pódense indicar os intereses do profesorado para adaptar ao máximo a sesión: avaliación e seguimento do alumnado, situacións de aprendizaxe, edición, dinámicas de aula… As persoas do equipo directivo ou as persoas coordinadoras E-Dixgal poden facer a solicitude en https://ecv.microsoft.com/H0NbziOf8z Indicando a data e hora máis convinte.