Pages - Menu

Páginas

Páginas

Páginas

jueves, 30 de abril de 2026

Proxecto E-Dixgal no curso 2026/27: regulación e convocatoria para novos centros

 Achégase a Resolución do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o proxecto Educación Dixital de Galicia (E-Dixgal) e a convocatoria para a selección de novos centros participantes para o curso 2026/27


O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 30 de abril ata o 9 de maio

Todas as solicitudes realizaranse a traves do aplicativo: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

 


martes, 28 de abril de 2026

Anteproxecto de Lei de educación dixital de Galicia

Documentos relacionados

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 10/02/2025

Obxecto: 

Establecer o marco para o desenvolvemento e integración da educación dixital no sistema educativo da Comunidade autónoma de Galicia promovendo o acceso equitativo ás tecnoloxías da información e da comunicación (en diante TIC) como ferramentas esenciais para a aprendizaxe, a inclusión, a innovación e o desenvolvemento integral do alumnado, o desenvolvemento das competencias dixitais e a transformación pedagóxica e organizativa dos centros educativos.

Para estes efectos, a lei define un modelo de dixitalización educativa baseada nun modelo híbrido e fundamentada na equidade no acceso, na formación continua do profesorado, no uso educativo crítico e seguro das tecnoloxías, na creación de contidos dixitais de calidade e no respecto á diversidade cultural e lingüística de Galicia, coa promoción activa do uso da lingua galega en todos os ámbitos da educación dixital.

Estado actual: En prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 23/04/2026 - 18/05/2026

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0825/anteproxecto-lei-educacion-dixital-galicia