Co fin de recuperar os contidos incluídos nas materias do curso 2021/22, o profesorado terá acceso ata o venres día 7 de outubro ao antigo Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA).
O acceso realizarase a través da url https://eva2122.edu.xunta.gal utilizando as credencias habituais.
É importante ter en conta as seguintes indicacións:
1. O alumnado non está habilitado para poder acceder a este EVA do curso 2021/22.
2. O profesorado accederá só para recuperar contidos ou facer copias de seguridade do curso completo, co fin de restauralas noutro entorno.
3. Non se deberá incorporar ningún contido a eses cursos antes de facer a copia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario