Estimado/a docente,
O proxecto EDixgal desenvolverá nos próximos días un ciclo de webinarios dirixido ao profesorado co obxectivo de dar a coñecer as novidades das distintas editoriais integradas na plataforma para o curso 2026/27 e facilitar o máximo aproveitamento dos seus recursos educativos na aula.
Durante estas sesións en liña presentaranse os novos contidos, recursos dixitais, materiais imprimibles e actividades interactivas dispoñibles en cada editorial. Ademais, mostraranse exemplos prácticos de utilización nun contexto de ensino híbrido, combinando recursos dixitais e materiais complementarios para adaptarse ás distintas necesidades metodolóxicas e organizativas dos centros educativos.
A iniciativa pretende ofrecer ao profesorado unha visión práctica das posibilidades que ofrecen as diferentes solucións editoriais presentes en Edixgal, favorecendo a súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe e proporcionando orientacións e propostas para a súa aplicación desde o inicio do curso.
Calendario de webinarios:
2 de setembro, ás 12:00 h | Netex SmartClassroom
Sala: Acceso á preinscrición para o webinario de Netex SmartClassroom
3 de setembro, ás 12:00 h | Aulaplaneta
Sala: Acceso ao webinario de Aulaplaneta
4 de setembro, ás 12:00 h | EdebeOn+
Sala: Acceso ao webinario de EdebeOn+
7 de setembro, ás 12:00 h | cREAgal
Sala: Acceso ao webinario de cREAgal