E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

martes, 1 de septiembre de 2026

Novas EDIXGAL 2026-27

 Estimado/a docente,

O proxecto EDixgal desenvolverá nos próximos días un ciclo de webinarios dirixido ao profesorado co obxectivo de dar a coñecer as novidades das distintas editoriais integradas na plataforma para o curso 2026/27 e facilitar o máximo aproveitamento dos seus recursos educativos na aula.

Durante estas sesións en liña presentaranse os novos contidos, recursos dixitais, materiais imprimibles e actividades interactivas dispoñibles en cada editorial. Ademais, mostraranse exemplos prácticos de utilización nun contexto de ensino híbrido, combinando recursos dixitais e materiais complementarios para adaptarse ás distintas necesidades metodolóxicas e organizativas dos centros educativos.

A iniciativa pretende ofrecer ao profesorado unha visión práctica das posibilidades que ofrecen as diferentes solucións editoriais presentes en Edixgal, favorecendo a súa integración no proceso de ensino-aprendizaxe e proporcionando orientacións e propostas para a súa aplicación desde o inicio do curso.

Calendario de webinarios:

2 de setembro, ás 12:00 h | Netex SmartClassroom
Sala: Acceso á preinscrición para o webinario de Netex SmartClassroom

3 de setembro, ás 12:00 h | Aulaplaneta
Sala: Acceso ao webinario de Aulaplaneta

4 de setembro, ás 12:00 h | EdebeOn+
Sala: Acceso ao webinario de EdebeOn+

7 de setembro, ás 12:00 h | cREAgal
Sala: Acceso ao webinario de cREAgal