A Xunta de Galicia lanza unha nova edición do programa educativo Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade, que permitirá desenvolver ata 250 obradoiros nos centros educativos e dirixidos ás familias co obxectivo de proporcionarlles ferramentas e coñecementos que lles permitan acompañar a orientar aos seus fillos no uso seguro, responsable e proveitoso das tecnoloxías no ámbito familiar e lúdico.
Con este programa, enmarcado na Estratexia galega de convivencia escolar 2025, o Goberno galego reforza o papel fundamental que xoga a contorna, respondendo así a un dos puntos do programa nos que se fai fincapé no traballo das familias no eido da información, o benestar dixital e a ciberseguridade. Desta maneira, esta iniciativa trata de facilitar ás nais, pais e titores legais do alumnado de entre 10 a 18 anos recursos para coñecer mellor a realidade dixital dos seus fillos e poñer acompañalos ante as oportunidades, pero tamén os riscos que ofrece Internet.
Nesta liña, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de abrir a convocatoria para que os centros educativos se adhiran ata o 7 de outubro a través do enderezo asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal.
A selección de centros realizarase por orde de entrada das solicitudes ata completar os 250 centros previstos. Esta nova edición está enmarcada dentro do paquete de accións da Xunta para a mellora do ensino híbrido en Galicia, que abrangue contidos, formación do profesorado, benestar dixital ás familias. Entre elas, a nova lei de educación dixital, un paso máis para regular, establecer dereitos, garantías e regras claras nos desafíos que as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial supoñen xa no día a día dos centros educativos, tendo en conta ademais a opinión das familias, que demandan un uso equilibrado.
Formación presencial e recursos para continuar aprendendo
Os obradoiros, a razón de un por centro, desenvolveranse entre outubro de 2026 e xuño de 2027, e grupos de entre 10 e 50 participantes. As datas e os horarios acordaranse entre os centros e os especialistas de Amtega.
Os obradoiros ten un marcado carácter práctico e serán impartidos por especialistas de Amtega. Durante hora e media, as familias poderán coñecer os riscos dixitais máis frecuentes e as formas de previlos, aprender a configurar as opcións de privacidade e seguridade de redes sociais, videoxogos e dispositivos móbiles e descubrir fórmulas de acompañamento e supervisión dixital. A formación tamén prestará atención á xestión saudable do tempo de pantalla e á pegada dixital, ademais de proporcionar recursos que as familias poderán aplicar directamente no seu día a día.
Como novidade para facilitar o acceso aos contidos, gravarase unha sesión de estudo que estará dispoñible no portal ciberseguridadedegalicia.gal, de maneira que tamén poidan consultala aquelas persoas que non teñen a oportunidade de participar presencialmente ou que queiran repasar os temas tratados.








0 comentarios:
Publicar un comentario