domingo, 9 de septiembre de 2018

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Este novo Servizo vai prestar un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.

As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.



O profesorado que imparte en cursos E-Dixgal, así como os/as coordinadores/as, deben empregar este Servizo Premiun para notificar e xestionar as incidencias do equipamento dixital das aulas (encerado dixital, videoproxector, portátil de aula, carro de carga, WIFI Abalar, servidor Abalar e SAI) , as dos equipos do alumnado,  e as do portátil do profesorado facilitado pola Xunta de Galicia aos docentes que imparten materias dentro do Proxecto Educación Dixital. As incidencias de acceso á plataforma de Contidos Dixitais, así como as súas posibilidades uso e as pautas a un correcto funcionamento da mesma, tamén deben ser motivo de consulta neste novo Servizo.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acurtar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestrutura de soporte, o Servizo Premiun pon en marcha dúas novidades: por un lado, a atención no domicilio dos docentes e familias se fose necesario, e, por outra parte, a atención descentralizada en 80 Puntos Físicos de Atención Especializada repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, situados estratexicamente de maneira que cada centro E-Dixgal dispoña nas súas proximidades dun destes puntos.

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/proxecto-e-dixgal-servizo-premium-de-atencion-soporte-e-acompanamento

martes, 4 de septiembre de 2018

Xornada de formación do Proxecto E-Dixgal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

O obxectivo deste encontro é informar sobre as novidades para o curso 2018-2019, así como a realización de obradoiros sobre o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, etc.

Esta Xornada terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, este venres 7 para as persoas coordinadoras de centros actuais E-Dixgal e o día 10 de setembro para as persoas coordinadoras dos centros E-Dixgal que se incorporan no curso 2018-2019.

A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a  asesoria.tic@edu.xunta.es indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos)

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/xornada-de-formacion-do-proxecto-e-dixgal