Os centros educativos poden solicitar sesións de formación dentro do Plan de Formación de Centro, en formato presencial ou online, para coñecer en profundidade os contidos curriculares dixitais de Aulaplaneta:
Están indicadas para novos centros E-Dixgal e centros que xa o utilizan e queiran afondar ou resolver dúbidas.
Poderán acreditarse estas horas de formación como parte do PFPP do propio centro.
No formulario pódense indicar os intereses do profesorado para adaptar ao máximo a sesión: avaliación e seguimento do alumnado, situacións de aprendizaxe, edición, dinámicas de aula…
As persoas do equipo directivo ou as persoas coordinadoras E-Dixgal poden facer a solicitude en https://ecv.microsoft.com/H0NbziOf8z Indicando a data e hora máis convinte.