E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta Dixit. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dixit. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de octubre de 2022

DIXIT

 O catálogo Dixit de recursos innovadores para a comunidade educativa ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 14 novos contidos educativos en formato dixital: 9 para as materias de Física y Química, Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Sociais, Matemáticas e Francés e 6 contidos transversais vinculados ao ensino de Intelixencia Artificial e de Educación e Benestar.


Coa nova actualización, xa son 45 os recursos dispoñibles para as diferentes materias e idades compartindo unha filosofía común, aprender facendo, e combinando a innovación pedagóxica e tecnolóxica a través do traballo coordinado de profesorado experto e dos sectores tecnolóxico e audiovisual.

Todos os recursos Dixit están dispoñibles no catálogo do Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) de Edixgal:

Na materia de Física y Química publícase o novo contido “Química manipulativa: elementos y compuestos”, un laboratorio virtual manipulativo con fichas 3D que permite aprender e practicar a representación de elementos e compostos químicos. O alumnado irá completando a súa táboa periódica e aprenderá sobre as características, os usos, aplicacións e as curiosidades de cada elemento.

En Bioloxía e Xeoloxía publícase o contido “Guía Confort na aula - Ciencia Cidadá na aula” (dispoñible en galego e castelán), no que o profesorado atopará as ferramentas necesarias para desenvolver un proxecto de investigación sobre a importancia do confort higrotérmico e do control dos niveis de CO2 da súa aula co seu alumnado, empregando tecnoloxía presente nos centros educativos e coa posibilidade de participar nunha análise colectiva do estado das nosas aulas seguindo os principios da Ciencia Cidadá.

Tamén na materia de Bioloxía e Xeoloxía, publícase a iniciativa “Mostraxe Dunar”, que permite estudar o espazo natural protexido da ría de Corme e Laxe. Esta iniciativa está formada polos contidos “Exploración libre 360º en ecosistema dunar” e “Laboratorio de mostraxe dunar”.

O primeiro permite ao alumnado explorar o sistema dunar e a lagoa mariña de Barra (Ponteceso) desprazándose nun entorno inmersivo con imaxes reais 360º e sons ambientais para descubrir a paisaxe e o ecosistema e para coñecer as especies que o habitan. Pódese pasear a través do ordenador, a tableta, o teléfono móbil e incluso lentes 3D, cunha gran sensación de realismo.

Pola súa parte, o laboratorio introduce os conceptos básicos dun proceso de mostraxe e culmina coa investigación autónoma do alumnado nun simulador virtual onde replicará unha mostraxe real: identificar especies con claves dicotómicas, calcular a súa porcentaxe de cobertura e recoller factores físico-químicos do solo para coñecer a súa relación coas especies de cada zona do ecosistema dunar.

Na materia de Ciencias Sociais complétase a iniciativa “A Idade Media” coa publicación de dous novos contidos:

“O torneo do século” introduce a Idade Media a partir da figura do cabaleiro Ruy Paez de Biedma e combina actividades de investigación e escenarios de Scape Room para dar a coñecer a estrutura social, o estilo de vida dos estamentos e as partes do castelo, ao tempo que se traballa o cómic como xénero narrativo.

“Inventos medievais” promove a aprendizaxe dos inventos da Idade Media e o seu impacto na actualidade a través de experiencias de investigación e fomenta a análise crítica e a creatividade do alumnado con actividades que abarcan desde o desenvolvemento de inventos propios ata a elaboración colectiva dun catálogo de inventos.

En Matemáticas publícase o novo contido “Cocina geométrica” que busca iniciar ao alumnado no cálculo de volumes de forma atractiva, cunha narrativa baseada na cociña de pratos con formas xeométricas. Seguindo paso a paso cada receita, o alumnado poderá comprender o cálculo do volume de prismas, pirámides, conos, cilindros e esferas sen necesidade de realizar operacións matemáticas. Recoñecerá os elementos necesarios para cada cálculo e as fórmulas que interveñen no proceso, así como a importancia da correspondencia entre unidades de medida.

Publícase o primeiro contido da materia de Francés: “Vézelay: Buffet”, pertencente á iniciativa “Le chemin de Saint-Jacques de Compostelle”. Trátase dun contido dinámico que incorpora un simulador conversacional con locucións reais no que o alumnado pode interactuar con distintas personaxes para coñecer os seus gustos e entregarlles un servizo completo de comidas. A través dunha narrativa atractiva na que o alumnado se integra co seu propio avatar, foméntase a aprendizaxe e a práctica de vocabulario e expresións referentes ás comidas, aos gustos e ás alerxias.

A iniciativa contará pronto con dous contidos novos, unha nova parada no Camiño de Santiago na cidade de Limoges e un caderno de viaxe onde o alumnado poderá rexistrar todo o aprendido.

Para o ensino de Intelixencia Artificial, en primaria e secundaria, publícanse os dous primeiros recursos da iniciativa “Introdución á intelixencia artificial”, ambos dispoñibles en galego e castelán:

“Intelixencia Artificial: Guía do profesorado” busca ofrecer os conceptos básicos, as pautas e a metodoloxía necesarias para incorporar a aprendizaxe da IA na aula, tanto de forma específica como de forma transversal nas distintas materias.

“Liña do tempo” é un recurso interactivo para traballar os eventos máis relevantes da historia da IA na aula, desde o 1950 ata a actualidade.

Tamén no eido da Intelixencia Artificial publícase o primeiro contido da iniciativa “Deep Learning”, “UX1A aprende”, na que o alumnado pode adestrar unha máquina con Aprendizaxe Profunda para que identifique a emoción da alegría, comprendendo tanto o proceso de adestramento e aprendizaxe dunha máquina como a importancia dos datos empregados para adestrala.

Proximamente publicarase a segunda parte da iniciativa, “UX1A recoñece emocións”, na que o alumnado poderá interactuar cunha IA real que recoñece as cinco emocións básicas.

Por último, publícase o primeiro contido da iniciativa “Pasaporte emocional”, destinada ao traballo transversal de Benestar emocional na aula en secundaria. “Viaxe emocionante” é un contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos.

Nesta primeira versión, o alumnado poderá crear o seu avatar e deseñar o seu pasaporte, así como desprazarse ao seu primeiro destino, no que traballará a identificación das emocións propias e alleas a través da arte, da historia e dunha narrativa que fomenta o traballo introspectivo do alumnado, o debate e o pensamento crítico.


martes, 15 de marzo de 2022

Novos contidos DIXIT

 

O proxecto DIXIT acaba de poñer a disposición da comunidade educativa 4 contidos dixitais gratuítos (3 novos e 1 ampliación), dispoñibles no catálogo do EVA, para as materias de Física y Química, Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias Sociais.

Na materia de Ciencias Sociais, publícase o primeiro contido da iniciativa “A Idade Media”, “Xogos populares da Idade Media”, que busca estimular ao alumnado a través de experiencias de investigación sobre os entretementos desa época histórica, ao tempo que fomenta a súa creatividade con actividades prácticas para construír os seus propios xogos medievais. A iniciativa contará pronto con outros dous contidos: un percorrido pola vida na Idade Media da man do cabaleiro Ruy Paez de Biedma e un repaso aos inventos máis relevantes da época. Este contido está dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/dixit

sábado, 17 de abril de 2021

Proxecto DIXIT

O Proxecto DIXIT ten como obxectivo principal aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.

Con DIXIT súmase unha terceira liña de elaboración de contidos educativos innovadores para que a comunidade educativa os poida empregar no ensino dixital: a través de contidos dixitais producidos polos propios docentes dispoñibles no repositorio de contidos de espazoAbalar, a través de contidos dixitais proporcionados polo sector empresarial produtor de contidos na Plataforma virtual de E-Dixgal, e agora a través da unión das capacidades de ambos ámbitos, o docente e o empresarial (DIXIT).



martes, 1 de diciembre de 2020

Contidos DIXIT

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazos/recursos

Actualizouse o catálogo con novos contidos DIXIT nas seguintes áreas

* Física e Química:· Novo contido: Laboratorio Central Nuclear
* Matemáticas Secundaria: Actualizado Iniciación aos corpos xeométricos, Novo contido Áreas de corpos xeométricos, Visión holográfica
* Bioloxía: novo contido Guía Ciencia Cidadá na aula, Actualización contido: Redes tróficas – Charca intermareal
* Ciencias Sociais· Actualización de contido: A túa misión espacial. Novos contidos: A túa misión na terra, Invasión Zombie, A Orixe do Universo

Ademais actualízanse seis snack experiment: A terra é redonda, Presión atmosférica, Tensión superficial, Fotosíntese, Seguridade laboratorio e Os nosos océanos.

Tamén se publicaron fichas descritivas : Divisibilidade,  Unidade Familiarización, Unidade Sumas e restas , Unidade Multiplicación.




martes, 8 de octubre de 2019

Novas E-Dixgal: Dixit

Xa está habilitada a pestana “Dixit” nos catro niveis educativos da materia de Matemáticas, e nas materias de 5º e 6º de primaria de Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO.

Desta forma xa se poden escoller, dentro destas materias, os contidos que se desexen na pestana “Dixit” e incorporalos ao apartado “A miña materia” premendo no botón “Sincronizar”.

Os contidos dispoñibles son:
  • Na materia de Matemáticas: dous recursos que se corresponden cas dúas contornas virtuais compostas por Regretas Cuisenaire.  Estes contidos permiten  traballar os bloques temáticos de sumas e restas, ademais dun módulo de manipulación libre que permita ao alumnado comprender conceptos abstractos. Desde o punto de vista técnico, este material ofrece simulación interactiva para a aprendizaxe a través da manipulación de figuras 3D para realizar diferentes operacións matemáticas lóxica, indución, estimación, aproximación. Os/as alumnos/as poden manexar estas figuras (arrastralas, rotalas, etc) na área de traballo, para realizar as operacións que se expoñan nas actividades.
  • Nas materias de Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía: cinco Snack Experiments para coñecer e aplicar o método científico. Trátase dunha colección de demostracións interactivas de distintos experimentos curtos realizados con materiais caseiros cos que o alumnado poderá presentar hipóteses, practicar e alcanzar conclusións a través da súa propia experiencia. Utilízase como ferramenta principal o vídeo cuxas secuencias se mostran en función da interacción do usuario. Dispoñibles en castelán e galego, subtitulados e traducidos á linguaxe de signos para garantir accesibilidade e atención á diversidade. Os temas destes snacks son: Que pasa nos nosos océanos?, A fotosíntese, Presión atmosférica, Tensión superficial e A terra é redonda.
O obxectivo de DIXIT é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.
Está prevista a creación de novos contidos para estas e outras materias que empregarán as tecnoloxías máis avanzadas, como poden ser: o laboratorio xeométrico 3D (que permite visualizar e traballar con distintos corpos xeométricos, no que cada alumno pode explorar os obxectos variando os seus parámetros físicos), o laboratorio redes tróficas con compoñentes de gamificación incorporados, o laboratorio mostraxe ecosistema dunar (no que o alumnado poderá percorrer de forma virtual un ecosistema, explorando os seus distintos compoñentes, e aprendendo a caracterizalos, baseado nunha contorna inmersiva 3D con vídeos de 360º), un simulador de conversa de idiomas aproveitando tecnoloxías 3D (recoñecemento de voz, IA,...), etc.