E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

jueves, 16 de junio de 2022

Novas E-Dixgal Aula Planeta

Estimado/a docente,

A partir de setembro de 2022 os recursos de aulaPlaneta van ser actualizados a un novo formato .

Na seguinte ligazón pode familiarizarse co novo formato de aulaPlaneta en E-Dixgal:

Para que coñeza todas estas novidades, convidámolo aos webinars "aulaPlaneta. Novidades 2022-2023" , que se celebrarán en distintas datas:

  • 20 de xuño de 17 a 18 h
  • 21 de xuño de 17 a 18 h
  • 27 de xuño de 17 a 18 h
  • 28 de xuño de 17 a 18 h

Se o desexa, pode inscribirse canto antes, na data máis conveniente, a través da seguinte ligazón:

https://ecv.microsoft.com/99dv8kyJIH

Reciba un cordial saúdo.