Estimado/a docente:
Do mércores 3 ao venres 5 de setembro, en horario de 11:00 a 12:00 h, terán lugar unha serie de webinars formativos organizados coa colaboración das editoriais de contidos educativos dixitais que participan no proxecto E-Dixgal.
Estes encontros virtuais teñen como finalidade profundar no modelo funcional e pedagóxico dos recursos editoriais dispoñibles no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), facilitando ao profesorado unha mellor comprensión e uso dos mesmos.
O profesorado interesado en recibir esta primeira formación do curso 2025/26 poderá acceder ás sesións a través das seguintes ligazóns:
Edebé:
📆 Mércores 3 de setembro | 🕛 11:00 – 12:00 h
Sala webinar: https://bit.ly/Edebe25-26
Aulaplaneta:
📆 xoves 4 de setembro | 🕛 11:00 – 12:00 h
Formulario de inscrición: https://emea.dcv.ms/J24rs2pwCi (é necesario inscribirse antes do mércores 3 de setembro)
Netex-Smart:
📆 Venres 5 de setembro | 🕛 11:00 – 12:00 h
Formulario de inscrición: https://register.gotowebinar.com/register/3346903948001887072 (é necesario inscribirse antes do xoves 4 de setembro)
0 comentarios:
Publicar un comentario