E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

lunes, 21 de octubre de 2019

Manual de Xestión de Equipos E-Dixgal _ Servizo Premium


domingo, 20 de octubre de 2019

Proxecto E-Dixgal da Xunta de Galicia

Folleto informativo E-Dixgal


martes, 8 de octubre de 2019

Novas E-Dixgal: Dixit

Xa está habilitada a pestana “Dixit” nos catro niveis educativos da materia de Matemáticas, e nas materias de 5º e 6º de primaria de Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO.

Desta forma xa se poden escoller, dentro destas materias, os contidos que se desexen na pestana “Dixit” e incorporalos ao apartado “A miña materia” premendo no botón “Sincronizar”.

Os contidos dispoñibles son:
  • Na materia de Matemáticas: dous recursos que se corresponden cas dúas contornas virtuais compostas por Regretas Cuisenaire.  Estes contidos permiten  traballar os bloques temáticos de sumas e restas, ademais dun módulo de manipulación libre que permita ao alumnado comprender conceptos abstractos. Desde o punto de vista técnico, este material ofrece simulación interactiva para a aprendizaxe a través da manipulación de figuras 3D para realizar diferentes operacións matemáticas lóxica, indución, estimación, aproximación. Os/as alumnos/as poden manexar estas figuras (arrastralas, rotalas, etc) na área de traballo, para realizar as operacións que se expoñan nas actividades.
  • Nas materias de Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía: cinco Snack Experiments para coñecer e aplicar o método científico. Trátase dunha colección de demostracións interactivas de distintos experimentos curtos realizados con materiais caseiros cos que o alumnado poderá presentar hipóteses, practicar e alcanzar conclusións a través da súa propia experiencia. Utilízase como ferramenta principal o vídeo cuxas secuencias se mostran en función da interacción do usuario. Dispoñibles en castelán e galego, subtitulados e traducidos á linguaxe de signos para garantir accesibilidade e atención á diversidade. Os temas destes snacks son: Que pasa nos nosos océanos?, A fotosíntese, Presión atmosférica, Tensión superficial e A terra é redonda.
O obxectivo de DIXIT é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.
Está prevista a creación de novos contidos para estas e outras materias que empregarán as tecnoloxías máis avanzadas, como poden ser: o laboratorio xeométrico 3D (que permite visualizar e traballar con distintos corpos xeométricos, no que cada alumno pode explorar os obxectos variando os seus parámetros físicos), o laboratorio redes tróficas con compoñentes de gamificación incorporados, o laboratorio mostraxe ecosistema dunar (no que o alumnado poderá percorrer de forma virtual un ecosistema, explorando os seus distintos compoñentes, e aprendendo a caracterizalos, baseado nunha contorna inmersiva 3D con vídeos de 360º), un simulador de conversa de idiomas aproveitando tecnoloxías 3D (recoñecemento de voz, IA,...), etc.




sábado, 5 de octubre de 2019

Relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020

Xunta de Galicia: Relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020

Xúntase a Relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020.
Os centros disporán de prazo ata as 14:00 do vindeiro xoves 10 de outubro de 2019 para efectuar as alegacións, reclamacións ou renuncias a esta resolución que consideren procedentes. Aos efectos de axilizar o proceso, debe remitirse copia escaneada da reclamación ou renuncia e da documentación presentada nos rexistros establecidos a dirección de correo electrónico digicraft@edu.xunta.gal