![]() |
Epoptes , que significa observador en grego ( país de orixen da aplicación) é unha solución potente pero sinxela para a xestión remota das aulas.
Epoptes
é un software que trata de facilitar a tarefa do profesor na aula.
Permite unha serie de accións sobre os equipos de aula tales como ver o
que están a facer os alumnos, enviar mensaxes, executar aplicacións
remotas, bloquear a pantalla, apagar e reiniciar un equipo entre outras
|
E-Dixgal
Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros
Entorno Virtual de Aprendizaxe
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
Mochila Dixital
Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
Plans de formación
O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.
Servicio Premium
Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es