E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

martes, 16 de abril de 2019

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
     

domingo, 7 de abril de 2019

Novo tipo de recurso no EVA: Xogos

Xa está dispoñible no Entorno Virtual de Aprendizaxe un novo tipo de recurso que permite crear, en forma de xogos, novas actividades. Desta forma, as preguntas dos xogos que se poden elaborar con este plugin son as seguintes: aforcado, encrucillado, sopa de letras, serpes e escaleiras, millonario, sudoku e imaxe oculta.

Na seguinte ligazón está publicada a axuda: