E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

martes, 30 de noviembre de 2021

martes, 16 de noviembre de 2021

A Xunta crea a Rede Galega de Educación Dixital, con 78 docentes que asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica

A Xunta crea a Rede Galega de Educación Dixital, con 78 docentes que asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica


A Xunta de Galicia vén de constituír a Rede Galega de Educación Dixital, un equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación dixital do sistema educativo. A súa primeira reunión, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira, tivo lugar esta mañá en Santiago.

O titular de Educación do Goberno galego destacou a importancia do labor desta rede na implementación do Plan Dixital de Centro na medida en que este será “o manual propio e intransferible que deberá seguir cada centro para avanzar na súa transformación dixital”.

Román Rodríguez salientou que os obxectivos educativos para os próximos anos están dirixidos a “sacarlle o máximo rendemento” ao uso das tecnoloxías dixitais nas aulas e “conseguir que as escolas sexan organizacións educativas dixitalmente competentes”.

Pola súa banda, Mar Pereira puxo en valor a rede de mentores que hoxe empeza o seu percorrido e que, co acompañamento da Rede de asesores de Abalar, debe deseñar o plan para que cada centro saque o mellor aproveitamento das plataformas e tecnoloxías dixitais. A directora da Amtega destacou que as competencias e a educación dixital son eixos prioritarios da Estratexia Galicia Dixital 2030. Entre as súas medidas, está en marcha un plan de infraestruturas dixitais con máis de 130 millóns de euros que reforzará as plataformas, dotará todos os centros dunha conectividade de 1Gb, ao 100% dos espazos educativos de wifi de alta velocidade e actualizará o equipamento de alumnos e profesorado.

Precisamente para acadar o reto do coñecemento, da innovación e da transformación tecnolóxica foi deseñada a Estratexia Educación Dixital 2030 da Xunta de Galicia cun investimento de 120M€ e cun conxunto de accións coordinadas e planificadas con especial fincapé na incorporación de estratexias docentes e novas tecnoloxías pedagóxicas enfocadas á transformación dixital.

Reforzo de docentes especializados

Unha das accións da Estratexia é o Plan Dixital de Centro -dotada con 19,2M€- que leva aparellado a posta en marcha da Rede de Educación Dixital agora constituída con 78 centros integrantes e que exercerán de mentores para o conxunto dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia.

Isto leva asociado tamén a contratación de 78 docentes especialistas no ámbito dixital (a razón de un por centro baixo a coordinación de dúas persoas da Consellería) que acompañarán aos centros educativos no proceso de deseño, elaboración e implementación do seu Plan Dixital, que deberá estar totalmente operativo o vindeiro curso 2022-23.

Á súa vez, estes 78 docentes estarán organizados en 26 equipos de atención dixital aos centros estruturados en 14 ámbitos xeográficos, a razón de cinco na provincia da Coruña, dous na de Lugo, dous na de Ourense e outros cinco na de Pontevedra.

No que atinxe ao Plan Dixital de Centro, no presente curso os centros deberán comezar coas primeiras fases de elaboración, cunha análise da situación real e de diagnose de debilidades, ameazas e fortalezas para a súa aprobación definitiva polos respectivos consellos escolares de cada centro a finais de curso. A previsión é que o documento estea totalmente pechado para a súa aplicación efectiva no vindeiro curso 2022-23.

 Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35644

miércoles, 3 de noviembre de 2021

Nocións básicas de E-Dixgal _ Software

  Actividades para o inicio dun curso dixital.

(Author's name hidden)


Estas unidades están deseñadas para aqueles alumnos que carecen de competencia dixital e poder axudar aos profesores que precisen de material para facilitar unha primeira aproximación ao novo dispositivo.

Previo ao traballo co EVA e a empregar os ordenadores de forma continuada debemos presentar unhas nocións básicas sobre o seu manexo que ampliarán a competencia dixital dos rapaces. Comezarán dunha maneira mais segura e eficiente o traballo diario durante o curso. Inda que parezan unha perda de tempo, ao longo, sempre será tempo gañado.

O profesorado que o precise, pode acceder aos manuais e a toda a información dos proxectos Abalar e Edixgal na Aula Aberta Abalar: ( http://www.edu.xunta.es/centros/abalar ).

miércoles, 20 de octubre de 2021

Webinar Contidos NETEX “smartClassroom. Funcionalidades básicas”

 O próximo luns 25 de outubro vaise celebrar un webinar para afondar no modelo funcional e pedagóxico dos contidos editoriais de “Netex” publicados no EVA.

Esta sesión formativa, de carácter voluntario, está destinada a todo o profesorado que imparte en cursos E-Dixgal.

O profesorado deberá rexistrarse con anterioridade a través da seguinte ligazón:

https://attendee.gotowebinar.com/register/7690177157339211021
O webinar vaise gravar para a súa posterior publicación no EVA, dentro do apartado de “Axuda”.
“smartClassroom. Funcionalidades básicas”

  • Día: luns 25/10/2021
  • Horario: 17:30 a 19:00
  • Dirixido ao profesorado de primaria e secundaria

viernes, 8 de octubre de 2021

Webinar: “Coñece aulaPlaneta para traballar en E-Dixgal”


O próximo luns 18 de outubro vaise celebrar un webinar para afondar no modelo funcional e pedagóxico dos contidos editoriais de “aulaPlaneta” publicados no EVA.

Esta sesión formativa, de carácter voluntario, está destinada a todo o profesorado que imparte en cursos E-Dixgal.

O webinar vaise gravar para a súa posterior publicación no EVA, dentro do apartado de “Axuda”.

“Coñece aulaPlaneta para traballar en E-Dixgal”

  • Día: luns 18/10/2021
  • Horario: 17:30 a 19:00
  • Dirixido ao profesorado de primaria e secundaria
  • URL da sesión: https://acortar.link/AeC8hp


jueves, 7 de octubre de 2021

Vídeos titoriais - E-Dixgal

 Vídeos titoriais de Markos Mendiguren

Crear materia:EDIXGAL: 


EDIXGAL: SUBIR MATERIAL DE EDITORIAIS



SUBIR MATERIAIS PROPIOS:


Edixgal06_Formato menú o temas

Edixgal07_Programar entrega tarefas



martes, 5 de octubre de 2021

Software da maqueta Abalar

sábado, 25 de septiembre de 2021

Webinars: “Edebé On plus”

   Os próximos días martes 28 e mércores 29 vanse celebrar sendos webinars para afondar no modelo funcional e pedagóxico dos contidos editoriais “Edebé On plus” publicados no EVA.

O webinar para o profesorado que imparte en Educación Primaria será o martes día 28 de 17:30 a 18:30hs.

https://us06web.zoom.us/j/84197611466?pwd=bmN3VWRQZC94anlvZzIwQTYxRzBYUT09


O webinar para o profesorado que imparte en Educación Secundaria será o mércores día 29 de 17:30 a 18:30hs.

https://us06web.zoom.us/j/89816263130?pwd=OE5Eb2pmVC90eFFTL2dxdldqeEE1QT09

Estas sesións formativas, de carácter voluntario, están destinadas a todo o profesorado que imparte en cursos E-Dixgal.

Os webinars vanse gravar para a súa posterior publicación no EVA, dentro do apartado “Axuda”.

miércoles, 15 de septiembre de 2021

Novas E-Dixgal

  O profesorado terá acceso ata o luns día 27 de setembro ao entorno de aprendizaxe do curso 2020/2021, co fin de recuperar os contidos incluídos nos seus cursos.

O acceso realizarase a través da url https://eva35.edu.xunta.gal/ utilizando as credencias habituais e habilitarase só para o profesorado.

É importante ter en conta as seguintes indicacións:

  • O acceso só é para recuperar contidos ou facer copias de seguridade do curso completo, co fin de restauralas no curso 2021/2022.
  • Non se deberá incorporar ningún contido a eses cursos antes de facer a copia.
  • Os contidos editoriais non se deben incluír na copia, xa que hai novas versións dos mesmos, e deben incluírse posteriormente á restauración.
  • O tamaño máximo da copia non debe exceder os 500MB para que poida restaurarse no curso 2021/2022. Se un curso ocupa máis de 500MB debe facerse a copia dividindo por seccións para non superar, en ningún caso, o tamaño máximo permitido.

Se tivera algunha dúbida pode poñerse en contacto co Servizo Premium.

martes, 7 de septiembre de 2021

Novas E-Dixgal Curso 2021-2022

 

 

O profesorado que imparte nos cursos E-Dixgal, xa ten creadas as materias e o alumnado matriculado nas mesmas. Estes datos recóllense de XADE polo que, se non están todas as materias ou todo o alumnado, pode poñerse en contacto co equipo directivo do centro educativo para que actualicen os grupos, as materias e o alumnado (os cambios realizados en XADE quedarán reflectidos no EVA ao día seguinte).

As primeiras actuacións que pode facer como docente é comezar revisando os contidos das distintas editoriais dispoñibles no Catálogo para a súa materia e ir incorporándoos ós seus cursos.

Na seguinte páxina https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal recóllese toda a información relacionada co Proxecto E-Dixgal: centros participantes, información para as familias, datos de contacto do Soporte Premium, etc.

Ante calquera dúbida sobre os puntos expostos anteriormente ou sobre o Proxecto E-Dixgal, pode poñerse en contacto co asesor/a Abalar de zona ou co Servizo Premium.

Ver el mensaje en su contexto

martes, 20 de julio de 2021

Nueva maqueta E-Dixgal v8

 







lunes, 19 de julio de 2021

Plan Digital de Centro. Descripción y guía.

 


Aplicaciones y plataformas para profesores

 

jueves, 24 de junio de 2021

Maqueta Abalar 20: primeiros pasos



miércoles, 2 de junio de 2021

Acordo de cesión do equipo do alumnado E-dixgal

 

viernes, 28 de mayo de 2021

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve definitivamente a relación de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.


RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve definitivamente a relación de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.


 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210528/AnuncioG0598-200521-0008_gl.html

jueves, 13 de mayo de 2021

A Xunta incorporará 81 novos centros a E-dixgal o vindeiro curso e amplía este programa de libro dixital a 3º e 4º de ESO noutros 139

 A Xunta de Galicia incorporará o vindeiro curso 2021/2022 ao programa de libro dixital E-Dixgal un total de 81 novos centros e ampliará a participación doutros 139 aos cursos de 3º e 4º de ESO, a principal novidade da convocatoria deste ano. Ademais, dous centros educativos que xa o desenvolven en Secundaria incorporan a iniciativa tamén á etapa de Primaria. Deste xeito, o número total de centros integrados no E-Dixgal elévase a 551, dos que 197 son da provincia da Coruña, 90 da de Lugo, 46 da de Ourense e 218 da de Pontevedra.

Das novas incorporacións, 29 son centros da provincia da Coruña e 14 son da provincia de Lugo. No caso da provincia de Ourense súmanse á iniciativa un total de sete centros, mentres que na provincia de Pontevedra os centros novos serán 31. Así mesmo, o CPI de Xanceda (Mesía) e CPR Plurilingüe Padres Somascos, (A Guarda) que xa desenvolven o E-Dixgal en Secundaria, ampliarano o vindeiro curso tamén a Primaria.

Os centros de nova incorporación en Primaria comezarán a traballar co libro dixital o vindeiro curso en 5º, e estenderano o seguinte a 6º. No caso dos que se sumen ao proxecto na etapa de Secundaria, comezarán en 1º de ESO e terán o compromiso de ir estendéndoo progresivamente ata completar os catro cursos.

Duplícase a cifra en secundaria

A convocatoria deste ano incluía por primeira vez a posibilidade de ampliar o programa aos cursos de 3º e 4º de ESO (ata o momento está implantado en 5 e 6 de Primaria e en 1º e 2º de ESO). Serán en total 139 os colexios e institutos que se acollan a esta ampliación, o que suporá case duplicar o número de alumnos de ESO con E-Dixgal en Galicia. Deles, 46 son centros da provincia da Coruña, 28 da provincia de Lugo, cinco da provincia de Ourense e 60 da provincia de Pontevedra.

Esta mellora supón, ademais, que por primeira vez un alumno galego poderá estudar con libro dixital gratuíto durante seis cursos consecutivos.

Estratexia Galega de Educación Dixital 2030

A ampliación do proxecto E-Dixgal é unha das liñas de acción da Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta coa que o Goberno galego vai impulsar a dixitalización do sistema educativo, e que inclúe medidas como a dotación de espazos maker e polos creativos nos centros, ou a implantación da Intelixencia Artificial no curriculum de todas as etapas educativas.

Así mesmo, enmárcase no Plan EDU100 (Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas 2021-2023), coordinado pola Amtega, que supón un investimento 134,6M€ nos próximos tres anos. Ao seu abeiro o Consello da Xunta autorizou xa a adquisición de 45.000 ultraportátiles e equipos para 2.000 aulas, así como a compra de 55.000 equipos fixos e portátiles destinados a docentes. Tamén se deu luz verde á adquisición de 5.000 paneis interactivos para aulas de centros educativos, que cumprirán co obxectivo de que o 100% das aulas de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade entre 1º de Primaria e 2º de Bacharelato sexan dixitais; capacidade de conexión de ata 1Gbps e wifi en todos os espazos docentes.


Fonte: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33964

miércoles, 12 de mayo de 2021

Resolución definitiva de centros admitidos para participar en el proyecto Educación Digital (E-Dixgal) durante el curso 2021/22

 Se adjunta la resolución definitiva de centros nuevos admitidos y centros que implementan o renucian a 3º y 4º ESO en el proyecto Educación digital (E-Dixgal) durante el curso 2021/22.

jueves, 29 de abril de 2021

Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22


Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33820

martes, 27 de abril de 2021

Edebé ON+ Funcionalidades de la plataforma

 





domingo, 25 de abril de 2021

Incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA

 

Tabla de contenidos

3. Incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA

A incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA realizarase completando a información que se solicita en "Asociar contido a este curso" dentro do bloque:



viernes, 23 de abril de 2021

EdebéOn+

 O EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) acaba de incorporar novas funcionalidades dentro da editorial Edebé: EdebéOn+

A plataforma  EdebéOn+ ofrece múltiples posibilidades de personalización, o que vai permitir editar e modificar os contidos por parte do profesorado. Desta maneira, é posible crear versións propias das secuencias didácticas, modificar o contido base e/ou integrar contido adicional, de creación propia, ou doutras fontes.

A plataforma  EdebéOn+ incorpora estas funcionalidades:

  • Edición, modificación e personalización do texto expositivo. O profesorado pode editar e modificar o texto expositivo; incorporar e modificar imaxes que faciliten a comprensión; inserir ligazóns a vídeos e titoriais; incorporar presentacións e animacións...
  • Modificación da secuencia didáctica. O profesorado pode modificar a orde da secuencia didáctica, xa que dispón dunha ferramenta que permite ao profesorado personalizar a orde de presentación de contidos e de actividades.
  • Creación de novas Unidades didácticas ou proxectos e inserilas no desenvolvemento de secuencias didácticas dos contidos de  Edebé.
  • Creación e modificación de actividades interactivas axustadas á realidade da clase e á diversidade da aula.

Na seguinte guía recóllense os pasos a seguir para incorporar os contidos EdebéOn+ ás materias do EVA:

https://eva.edu.xunta.gal/course/view.php?id=44943

sábado, 17 de abril de 2021

Proxecto DIXIT

O Proxecto DIXIT ten como obxectivo principal aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.

Con DIXIT súmase unha terceira liña de elaboración de contidos educativos innovadores para que a comunidade educativa os poida empregar no ensino dixital: a través de contidos dixitais producidos polos propios docentes dispoñibles no repositorio de contidos de espazoAbalar, a través de contidos dixitais proporcionados polo sector empresarial produtor de contidos na Plataforma virtual de E-Dixgal, e agora a través da unión das capacidades de ambos ámbitos, o docente e o empresarial (DIXIT).



martes, 13 de abril de 2021

Ferramenta de Autor: E-Dixgal


 

martes, 23 de marzo de 2021

Exemplo do Proxecto E-Dixgal

martes, 16 de marzo de 2021

O número de alumnos da ESO que empregan o libro dixital en Galicia duplicarase o próximo curso

A Xunta prevé duplicar o número de alumnos de ESO que emprega libro dixital o próximo curso. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación da nova convocatoria de E-Dixgal para o vindeiro ano académico, na que tomou tamén parte a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

O titular do departamento educativo da Xunta explicou que a principal novidade da convocatoria para o curso 2021/2022 é a extensión do proxecto aos cursos de 3 e 4º de ESO (ata o momento só se aplica a 5º e 6º de Primaria e a 1 e 2º de ESO). Isto realizarase de forma automática, se así o desexan, aos centros que xa contan con libro dixital nesta etapa “e que nun só curso dobrarán o número de alumnos beneficiados”, sinalou o conselleiro.

Así mesmo, o próximo curso poderán incorporarse un mínimo de 75 novos centros, tanto aqueles que queiran empezar desde cero como outros que xa estean empregando o libro dixital e desexen amplialo a outra etapa educativa. No caso dos que se sumen ao proxecto na etapa de Secundaria, terán o compromiso de ir estendéndoo progresivamente ata completar os catro cursos.

Román Rodríguez explicou que, a día de hoxe, participan no E-Dixgal a metade dos centros públicos que imparten Primaria e Secundaria. “Coas novas medidas desta convocatoria –afirmou– queremos que o próximo curso a metade do alumnado entre 5º de Primaria e 4º de ESO dos centros públicos conte con libro dixital e equipamento informático ao abeiro deste programa”.

Así mesmo, o conselleiro salientou que con estas novidades se ofrece, por primeira vez, a posibilidade de que un alumno galego estude con libro dixital durante seis cursos consecutivos.

Edudixital 2030

Román Rodríguez enmarcou esta medida “no pulo que imos dar á dixitalización e a dotación tecnolóxica do ensino coa nova estratexia Edudixital 2030”, unha folla de ruta que vai integrar equipamentos, contidos e adquisición de competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), e que incorporará a Intelixencia Artificial para todos os niveis educativos, así como o deseño de estratexias docentes ou a introdución de novas técnicas pedagóxicas. “En definitiva, un salto cualitativo na transformación do ensino cara o dixital”, resumiu o conselleiro.

Cinco piares fundamentais

Pola súa banda, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, destacou que o proceso de transformación dixital do ámbito educativo susténtase en cinco piares fundamentais.

En primeiro lugar, as infraestrutura e equipamentos necesarios no centros. Por outra banda, referiuse ao desenvolvemento de plataformas e ferramentas de colaboración educativa. En terceiro lugar, a dotación de contidos dixitais, mediante acordos con empresas especializadas e editoriais. Neste aspecto, a directora da AMTEGA salientou o desenvolvemento de contidos innovadores específicos no espazo Dixit. Este proxecto lévase a cabo nun esquema de colaboración entre o sector tecnolóxico e grupos de traballo formados por docentes de Galicia. En cuarto lugar estaría o soporte técnico a docentes e alumnos. O último piar do é a formación do profesorado, que terá un novo pulo no desenvolvemento do marco galego de competencias dixitais.

Mar Pereira lembrou que a Xunta ten como obxectivo para a extensión do Libro Dixital (E-Dixgal) nos vindeiros tres anos chegar ao 70 por cento do alumnado entre 5º de Primaria e 4º da ESO.


https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33445

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22


edixgal

Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 17 de marzo  ata o 16 de abril de 2020, incluídos.

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33440

miércoles, 10 de marzo de 2021

Publicáronse 54 novos recursos no repositorio de espazoAbalar

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/actualizacion-do-repositorio-de-contidos-de-espazoabalar-con-54-novos-recursos-educativos

martes, 2 de marzo de 2021

Agencia Española de Protección de Datos

 


jueves, 25 de febrero de 2021

abalarPro

 La aplicación abalarPro es una aplicación de la Xunta de Galicia que permite la interacción del personal docente de centros educativos pertenecientes a la Consellería de Educación con las familias a través de mensajería, posibilitando una forma fácil y cómoda para enviar mensajes individuales, a grupos o con la creación de salas de chat.

https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.xunta.abalarprofes

domingo, 14 de febrero de 2021

Vídeos formativos sobre BigBlueButton









jueves, 4 de febrero de 2021

Entorno Virtual de Aprendizaxe - Educación Dixital - Proxecto Abalar: Novos contidos Netex-SmartClassroom

 Actualizouse o catálogo cos contidos do 3º trimestre de Netex-Smart.


Por outra banda, engadíronse novos contidos para substituír os contidos do 2º trimestre de Francés de 1º e 2º da ESO, e os de Matemáticas de 1º da ESO, de Netex-Smart. Os contidos anteriores figuran no catálogo coa marca (desactualizado). Os novos contidos que os substitúen figuran coa marca Edición 2020 - V.2. No caso destes contidos SmartClassroom, lembrar ao profesorado que só se conservarán as autorías realizadas nos libros Edición 2020 - V.2. O contido editado na versión que tiña o profesorado incorporado ao seu curso ata o momento non será accesible no próximo curso.

martes, 26 de enero de 2021

lunes, 11 de enero de 2021

Maqueta Abalar. Libre Versión estándar

 


domingo, 10 de enero de 2021

H5P en E-Dixgal_Tutoriales

 









viernes, 8 de enero de 2021

Entorno Virtual de Aprendizaxe - Educación Dixital - Proxecto Abalar: Novas funcionalidades

 

Dispoñibles novas funcionalidades e tipos de recursos no EVA.

  • Editor Atto.
    • Engádense os botóns de resaltar texto e modificar o tipo de letra.
    • Habilitado un novo botón coa opción de preguntas cloze para os cuestionarios.
  • Preguntas do cuestionario.
    • Habilitada a opción de arrastrar e soltar marcadores.
    • Habilitada a opción de arrastrar e soltar sobre a imaxe.
    • Habilitada a opción de arrastrar e soltar sobre texto.
    • Habilitada a opción de seleccionar as palabras que faltan.
  • Contidos interactivos H5P.
    • Habilitados recursos de tipo H5P.
  • Seccións nas materias.
    • Engádese a posibilidade de destacar unha sección na materia de forma que cando se resalte, o usuario accede directamente a esta sección ao entrar na materia.