E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

jueves, 20 de febrero de 2020

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/2021

Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21.
  •   O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o día 23 de marzo de 2020, incluído.
     

IX Edición do Plan Navega con Rumbo

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a novena edición do plan ?Navega con Rumbo?, enmarcado dentro do proxecto de educación E-Dixgal.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir sesións divulgativas cunha duración aproximada dunha hora, apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.navegaconrumbo.es. Ademais, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa. As sesións están dirixidas preferentemente ao alumnado dos cursos 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Poden inscribirse nesta iniciativa todos os centros públicos, tendo preferencia os participantes no proxecto E-DIXGAL e os centros da rede Abalar. Para participar se debe enviar un correo electrónico ao enderezo contidos@edu.xunta.gal antes do venres 28 de febreiro indicando:
  •     datos do centro (código de centro, teléfono, correo electrónico, capacidade da sala onde se impartirán as sesións)
  •     datos da persoa de contacto (nome e apelidos, cargo)
  •     cursos ou niveis que van asistir e unha estimación do número de persoas