E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta repositorio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta repositorio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 124 novos recursos educativos dixitais

 O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta educativa, nesta ocasión con 124 novos contidos en formato dixital, que se incorporan aos existentes, en varios idiomas e para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os contidos proceden fundamentalmente de 2 liñas de actuación: por un lado, 87 novos contidos creados no eido das licenzas por formación dos tres últimos cursos académicos.E por outra parte, a actualización de 31 recursos, nos que se modernizou a tecnoloxía empregada, entre eles, varios cursos completos para aulas virtuais.

 

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no reposito de contidos dixitais espazoAbalar, teñen a súa disposición un procedemento no que se explican os pasos a seguir.

 

martes, 12 de junio de 2018

martes, 17 de enero de 2017

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar

Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 30 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 30 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.911 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.