E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

jueves, 12 de diciembre de 2019

Novas E-Dixgal

Atópanse dispoñibles na plataforma EVA novos contidos da iniciativa DIXIT: tres recursos na área de Mátemáticas e dous para a materia de Biloxía e Xeoloxía.

Así, as iniciativas de Matemáticas oriéntanse á aprendizaxe visual e manipulativa das matemáticas. A propia manipulación de regletas e figuras 3D afianza o coñecemento e permite a interiorización de algoritmos e conceptos matemáticos complexos.

As regletas dixitais están orientadas á aprendizaxe de conceptos matemáticos abstractos a través da manipulación. Os seus bloques e actividades facilitan a incorporación progresiva de coñecementos matemáticos de distintos niveis. Actualmente están dispoñibles no catálogo os bloques de “Familiarización” e “Sumas e restas”. Amplíase esta iniciativa con dous novos bloques de contido:

Sumas e restas con unidades, decenas e centenas: coa incorporación dun taboleiro dinámico para descompoñer as unidades, decenas e centenas en tres columnas, mellorando a visualización para traballar cálculo. Cada columna outorga un valor  posicional ás regletas e automatiza o seu movemento dunha a outra segundo a operación que se estea realizando.

Multiplicación: dedicado á comprensión e practica de múltiplos dun número, conceptos como dobre e triplo, multiplicacións de varios números, mcm.

Ademáis, engádese una novo recurso para Matemáticas: o Laboratorio de xeometría 3D. Está orientado ao estudo da xeometría no espazo cun enfoque dinámico de visualización e manipulación de figuras en 3D. Favorece o desenvolvemento da visión espacial mediante a experimentación e o descubrimento, algo crucial para o alumnado de 2ºESO, polo que se inclúen dúas vías de aprendizaxe diferenciadas: unha primeira dirixida á adquisición de coñecemento e organización de figuras por familias e unha segunda, o modo construción, modalidade máis creativa que fomenta a aplicación do coñecemento a través da creación combinatoria de figuras.

Por outra parte, as iniciativas de Bioloxía e Xeoloxía promoven o desenvolvemento do pensamento crítico, a través de experiencias que lles fagan sentir como verdadeiros científicos, aprendendo ciencia de forma activa para desenvolver a súa capacidade crítica e reflexiva.

Neste sentido, publícase un novo Snack experiment dedicado á unidade de xeoloxía, completando con el as 6 unidades de Bioloxía de 1ºESO. Do mesmo xeito que no resto de snacks experiment, os alumnos aprenden de forma sinxela un experimento e aplican de forma guiada o método científico que lles permite sacar conclusións por eles mesmos. Neste snack aprenderán a preparar un medidor de ph para diferenciar entre unha substancia aceda ou básica a primeira ollada, cun cambio de cor. A diferenza dos anteriores, este snack experiment ofrece unha experiencia  adaptativa coa posibilidade de elixir entre distintos camiños que axustan o contido segundo a decisión do alumno.

Complétase a unidade de ecosistemas cun novo contido que ofrece unha alternativa interactiva para a aprendizaxe dos ecosistemas e as relacións das especies nunha rede trófica. Ao longo do material, os alumnos aprenderán como é o medio no que viven e as súas relacións nunha rede  trófica, estudando ecosistemas próximos distribuídos pola comunidade galega. Esta iniciativa está actualmente en construción, en breve estará dispoñible o primeiro material dedicado ao ecosistema “charcas  intermareales” que integra unha fase final na que o alumno, aplicando o método científico á observación de variables dependentes e independentes que afectan o ecosistema, así como á interpretación de gráficos, poderá extraer conclusións e verificar as súas hipóteses previas.