E-Dixgal
Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros
Entorno Virtual de Aprendizaxe
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
Mochila Dixital
Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
Plans de formación
O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.
Servicio Premium
Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es
viernes, 26 de julio de 2019
Relación definitiva de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto E-Dixgal no vindeiro curso 2019/2020
martes, 2 de julio de 2019
DOCUMENTACIÓN de Formación E-Dixgal - Amtega
EDIXGALEducación dixital en primaria e secundaria.- Benvidos/as a este curso sobre o proxecto EDIXGAL, para o profesorado de educación Primaria e Secundaria, onde coñeceremos diversos aspectos do proxecto así como tamén os recursos educativos dixitais e todas aquelas funcionalidades e ferramentas que forman parte da plataforma EVA.
Recomendacións e información adicional sobre o proxecto E-Dixgal. Final do curso 2018-2019
3. Non é preciso facer copias de seguridade dos contidos creados coa Ferramenta de Autor, xa que todos os recursos creados mantéñense de forma permanente ao longo dos cursos académicos.
6. O profesorado de secundaria, terá acceso durante o período que abarca do día 1 ao 6 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:
Curso 2018/2019 en https://eva.edu.xunta.es/
Curso 2019/2020 en https://evaint.edu.xunta.gal/
7. O acceso aos contidos por parte do alumnado de ESO que teña materias suspensas non se ve afectado, xa que poderá acceder aos seus cursos de xeito habitual ata o día 6 de setembro tanto desde o EVA online como do EVA offline
8. Recoméndase que incorpore toda a información de grupos, materias, profesorado e alumnado para o curso 2019/2020 en Xade antes do día 12 de xullo. Isto facilitará que o día 1 de setembro xa estea todo dispoñible no EVA: as materias, os grupos, o profesorado e o alumnado.
Se tivera algunha dúbida sobre algúns dos puntos expostos anteriormente, pode poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.