martes, 2 de julio de 2019

Recomendacións e información adicional sobre o proxecto E-Dixgal. Final do curso 2018-2019

Recomendacións e información adicional sobre o proxecto E-Dixgal:

1. A Ferramenta de autor estará accesible no EVA ata o día 15 de agosto para todo o profesorado.
2. Os docentes que desexen facer unha copia de seguridade dos recursos propios publicados nos cursos do EVA, para poder restauralos o vindeiro curso, terían que facelo antes do día 31 de agosto. Se tiveran algunha dúbida de como realizar este proceso, poden poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

3. Non é preciso facer copias de seguridade dos contidos creados coa Ferramenta de Autor, xa que todos os recursos creados mantéñense de forma permanente ao longo dos cursos académicos.

4. A partir do día 1 de setembro e ata o día 6 de setembro, todo o profesorado de centros E-Dixgal, poderá acceder aos contidos do curso 2019/2020 no seguinte enderezo  https://evaint.edu.xunta.gal/. Durante este período o profesorado que teña asignadas en Xade materias e grupos poderá acceder ás aulas co alumnado matriculado e os contidos das editoriais Netex, Edebé, aulaPlaneta, Smart e Pearson. Se as materias non están asignadas en Xade, poderase acceder ao catálogo e empregar a Ferramenta de Autor con todos os contidos creados anteriormente.

5. A partir do 9 de setembro o acceso aos cursos 2019/2020 do EVA farase a través do enderezo https://eva.edu.xunta.gal/, tanto para Educación Primaria como para Educación Secundaria. Manteranse todos os cambios feitos en https://evaint.edu.xunta.gal/ durante o período que abarca do día 1 ao día 6 de setembro, tanto nos cursos como na Ferramenta de Autor.

6. O profesorado de secundaria, terá acceso durante o período que abarca do día 1 ao 6 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:
    Curso 2018/2019 en https://eva.edu.xunta.es/
    Curso 2019/2020 en https://evaint.edu.xunta.gal/

7. O acceso aos contidos por parte do alumnado de ESO que teña materias suspensas non se ve afectado, xa que poderá acceder aos seus cursos de xeito habitual ata o día 6 de setembro tanto desde o EVA online como do EVA offline

8. Recoméndase que incorpore toda a información de grupos, materias, profesorado e alumnado para o curso 2019/2020 en Xade antes do día 12 de xullo. Isto facilitará que o día 1 de setembro xa estea todo dispoñible no EVA: as materias, os grupos, o profesorado e o alumnado.

Se tivera algunha dúbida sobre algúns dos puntos expostos anteriormente, pode poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es


0 comentarios:

Publicar un comentario