E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

jueves, 19 de mayo de 2022

Novas E-Dixgal aula planeta novo formato

 O vindeiro curso 2022/2023 os recursos de aulaPlaneta van ser actualizados a un novo formato.

As modificacións que fixera nas súas unidades didácticas antes do 30 de maio de 2022 serán transferidas á nova versión para dispoñer delas o vindeiro curso. Por este motivo, é necesario realizar todas as personalizacións antes desta data, dado que as que se fagan con posterioridade non se poderán migrar ao novo formato.

Na seguinte ligazón pode familiarizarse co novo formato de aulaPlaneta en E-Dixgal: 

De todas formas, durante os meses de xuño e setembro, informarase de todas as novidades a través de varios webinars. Ofrecerase puntual información sobre as datas e horarios nos que se van levar a cabo.



martes, 17 de mayo de 2022

Rede DixitalGal