E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

sábado, 21 de septiembre de 2019

¿Qué saben los padres del libro digital?


Más de 27.000 alumnos de 347 colegios e institutos gallegos dispondrán este curso de ordenadores para formarse. Estas son las claves del programa E-Dixgal

viernes, 6 de septiembre de 2019

V Xornada de Coordinación E-Dixgal. Curso 2019/2020

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada ás persoas coordinadoras do Proxecto E-Dixgal, enmarcado no proxecto Abalar.
O obxectivo deste encontro é informar sobre o proxecto E-Dixgal para o curso 2019-2020, entre o que destaca o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, entre outros.
Esta Xornada terá lugar no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, o luns 9 de setembro dende as 09:00 ata as 14:30 horas.

Novas

Desde do día 1 de setembro e ata o día 6 de setembro, todo o profesorado do seu centro E-Dixgal, pode acceder aos contidos do curso 2019/2020 no seguinte enderezo https://evaint.edu.xunta.gal. Durante este período o profesorado que teña asignadas en Xade materias e grupos poderá acceder ás aulas co alumnado matriculado e comezar coa configuración e a selección dos contidos das distintas editoriais dispoñibles ao seu curso. Se as materias non están asignadas en Xade, poderase acceder ao catálogo e empregar a Ferramenta de Autor.
Dende o día 6 ata o 9 de setembro o acceso ao EVA non estará dispoñible polo que quedarán inaccesibles ambas plataformas (https://evaint.edu.xunta.gal e https://eva.edu.xunta.es).
A partir do 9 de setembro o acceso aos cursos 2019/2020 farase a través do enderezo https://eva.edu.xunta.gal. Manteranse todos os cambios feitos en https://evaint.edu.xunta.gal durante o período do 1 ao 6 de setembro, tanto nos cursos como na Ferramenta de autor.
O profesorado de secundaria, ten acceso durante o período que abarca do día 1 ao 6 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:

  Curso 2018/2019
        Ata o 6 de setembro https://eva.edu.xunta.es.

Curso 2019/2020:
        Do 1 ao 6 de setembro https://evaint.edu.xunta.gal.
        Do 9 de setembro en adiante https://eva.edu.xunta.gal

Prégase faga chegar esta información ao profesorado do seu centro.
Se non o fixo, recoméndase que incorpore toda a información de grupos, materias, profesorado e alumnado para o curso 2019/2020 en Xade o antes posible. Isto facilitará que cando comecen as clases xa estea todo dispoñible no EVA: as materias, os grupos, o profesorado e o alumnado.

Se tivera algunha dúbida sobre algúns dos puntos expostos anteriormente, pode poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.
Reciba un cordial saúdo,