E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

viernes, 20 de enero de 2023

Novas E-Dixgal

 Dispoñible no catálogo do EVA as unidades didácticas de Aulaplaneta para o segundo trimestre de 5º de primaria, 1º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO .

No catálogo tamén está publicado o curso completo de 6º de primaria e 2º de ESO de Aulaplaneta.
Ao acceder a estes recursos educativos pódese ver a estrutura das unidades de Aulaplaneta, a tipoloxía de recursos e actividades, opcións de adaptación e personalización dos recursos e aplicación didáctica.

viernes, 13 de enero de 2023

Convocatoria do programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022/23

 

Convocatoria do programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022/23

Xúntase a Resolución do 12 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022/23.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria no portal educativo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/