E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta Formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2020

Comunicado dos CFR aos centros. Formación Inicial para o manexo das ferramentas para a docencia a distancia.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para paliar os danos que a presente situación está a provocar nos centros educativos,  oferta actividades formativas dirixidas aos/ás docentes que precisen unha formación inicial básica para o manexo de ferramentas para docencia a distancia.

Características da actividade:

Formación non presencial, de 10 horas de duración.
Contidos básicos: emprego da aula virtual e ferramentas de videoconferencia.
Desenvolverase a través da aula virtual do centro e preferentemente estará titorizada por un /unha docente do propio centro. Se isto non fose posible, proporcionaríase docente desde o CFR/CAFI.
O profesorado asistente, así como o docente que a imparta a formación,  recibirán a correspondente certificación de 10 horas.
A dirección do centro validará a participación do profesorado na actividade para poder emitir a correspondente certificación ao finalizar a mesma..

Por isto preciso que contacte co profesorado doseu  centro, á maior brevidade,  e envíe a este correo electrónico a seguinte información antes das 20 horas do día 28 de abril :
  • Relación de profesores/as do centro interesados  con DNI
  • Datos do profesor/a disposto a impartir a formación
 

viernes, 6 de septiembre de 2019

V Xornada de Coordinación E-Dixgal. Curso 2019/2020

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada ás persoas coordinadoras do Proxecto E-Dixgal, enmarcado no proxecto Abalar.
O obxectivo deste encontro é informar sobre o proxecto E-Dixgal para o curso 2019-2020, entre o que destaca o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, entre outros.
Esta Xornada terá lugar no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, o luns 9 de setembro dende as 09:00 ata as 14:30 horas.

martes, 2 de julio de 2019

DOCUMENTACIÓN de Formación E-Dixgal - Amtega

lunes, 1 de octubre de 2018

Eva Formación

Web de Formación de E-Dixgal


Agradecer la aportación del asesor abalar de CEE - Martín Pardiñas

martes, 4 de septiembre de 2018

Xornada de formación do Proxecto E-Dixgal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

O obxectivo deste encontro é informar sobre as novidades para o curso 2018-2019, así como a realización de obradoiros sobre o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, etc.

Esta Xornada terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, este venres 7 para as persoas coordinadoras de centros actuais E-Dixgal e o día 10 de setembro para as persoas coordinadoras dos centros E-Dixgal que se incorporan no curso 2018-2019.

A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a  asesoria.tic@edu.xunta.es indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos)

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/xornada-de-formacion-do-proxecto-e-dixgal