Instrucións do 14 de decembro de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade relativas ao uso dos servizos educativos dixitais corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19
E-Dixgal
Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros
Entorno Virtual de Aprendizaxe
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
Mochila Dixital
Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
Plans de formación
O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.
Servicio Premium
Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es
martes, 22 de diciembre de 2020
CAM EDU
Instrucións do 14 de decembro de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade relativas ao uso dos servizos educativos dixitais corporativos no marco da emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19
viernes, 18 de diciembre de 2020
Artículo Revista Educación 3.0.: Una educación digital que fomenta la investigación y el trabajo colaborativo
Una educación digital que fomenta la investigación y el trabajo colaborativo
Gracias al Proyecto E-Dixgal, los centros educativos de Galicia incorporan los recursos digitales de aulaPlaneta al día a día de sus aulas.
https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/e-dixgal-educacion-digital/
martes, 15 de diciembre de 2020
Xogos educativos no Eva
O Módulo Xogos (Games) é un novo plugin que permite crear novas actividades no EVA en forma de xogos educativos mediante o uso de glosarios, cuestionarios e preguntas.
As preguntas dos xogos usan como fonte de datos os termos de algún glosario ou as preguntas dunha determinada categoría ou cuestionario xa existente previamente na materia.
Para os xogos só se aceptan tres tipos de preguntas: opción múltiple, resposta curta e verdadeiro/falso.
Os xogos que podemos crear con este plugin son os seguintes:
Aforcado
Encrucillado
Sopa de letras
Millonario
Sudoku
Imaxe oculta
Serpes e escadas
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3103
miércoles, 9 de diciembre de 2020
Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 124 novos recursos educativos dixitais
O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta educativa, nesta ocasión con 124 novos contidos en formato dixital, que se incorporan aos existentes, en varios idiomas e para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Os contidos proceden fundamentalmente de 2 liñas de actuación: por un lado, 87 novos contidos creados no eido das licenzas por formación dos tres últimos cursos académicos.E por outra parte, a actualización de 31 recursos, nos que se modernizou a tecnoloxía empregada, entre eles, varios cursos completos para aulas virtuais.
Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no reposito de contidos dixitais espazoAbalar, teñen a súa disposición un procedemento no que se explican os pasos a seguir.
viernes, 4 de diciembre de 2020
martes, 1 de diciembre de 2020
Contidos DIXIT
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazos/recursos
Actualizouse o catálogo con novos contidos DIXIT nas seguintes áreas |