E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

viernes, 28 de enero de 2022

Folla de ruta Plan Dixital


 

Entorno Virtual de Aprendizaxe - Educación Dixital - Proxecto Abalar: Dispoñibles os contidos de Inglés de 3º e 4º ESO da editorial Pearson

 Habilitadas as unidades didácticas de Inglés da editorial Pearson para 3º e 4º da ESO. Os novos contidos están publicados no Catálogo do EVA para poder visualizalos ou para poder engadilos ás materias. Tamén están dispoñibles as programacións e os recursos para o profesorado na Sección 0.

Con esta nova incorporación, quedan a disposición dos/as docentes os contidos de Inglés da editorial Pearson en todos os cursos do Proxecto E-Dixgal

lunes, 24 de enero de 2022

Xunta e Colexio de Enxeñaría en Informática poñen en marcha a nova edición do 'Navega con rumbo' para promover o uso responsable de internet

 Os centros educativos galegos volverán contar este ano co programa Navega con rumbo, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia co fin de guiar aos mozos nunha navegación segura en internet de xeito útil e responsable, ao tempo que tamén se lle facilitan ferramentas aos docentes para uso didáctico na aula.

No marco da conmemoración do Día Internacional da Educación, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asinou co presidente do colexio, Fernando Suárez, a renovación do convenio para a posta en marcha da X edición deste programa que leva vixente en Galicia desde o curso 2010-11, e que está incluído entre as accións da Estratexia de Educación Dixital 2030.

Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración en 240 centros educativos. Nestas xornadas abordaranse temas de interese como as condutas de acoso e ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso das redes sociais. Ademais, a través dunha guía de boas prácticas, tamén se fai partícipe das recomendacións aos profesores e aos pais e nais na medida en que se poidan converter en transmisores de boas prácticas de cara aos rapaces e rapazas. A iniciativa pode consultarse no Portal Educativo.

1800 accións en dez anos

Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con Rumbo leváronse a cabo máis de 1800 accións formativas nas que participaron ao redor de 100 centros educativos en cada edición.


Fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36122

jueves, 20 de enero de 2022

Actualización de la red de recursos educativos en abierto Procomún

 



Actualización de la red de recursos educativos en abierto Procomún

Desde que Procomún empezó su andadura en 2014, hace ya 7 años, ha ido aumentando tanto la oferta de recursos educativos para el profesorado (más de 38.000) como el de usuarios registrados (más de 42.000) que consultan y participan en sus comunidades de aprendizaje.

El paso del tiempo pasa factura rápidamente en tecnología y eso obliga a atender mejoras técnicas si se quiere garantizar un correcto funcionamiento de las plataformas educativas. Con el afán de mejorar día a día y ofrecer un mejor servicio a los usuarios en su conjunto, estos últimos meses se ha trabajado en la actualización del código de la plataforma que sustenta Procomún y, al mismo tiempo, en la evolución de algunas de las prestaciones que ofrece atendiendo a las opiniones que los propios usuarios nos han hecho llegar.

Por fin, se pone a disposición de toda la comunidad educativa la plataforma resultante de estos trabajos con las mejoras abordadas hasta el momento. A continuación, destacamos los aspectos más relevantes tras la actualización:

  • Cambia la dirección web a https://procomun.intef.es.
  • La plataforma actualiza su diseño para que sea más atractivo y amigable.
  • Se ha creado un espacio único, el Banco Multimedia, para la búsqueda de imágenes, sonidos y vídeos, fusionando el Banco de imágenes y sonidos de INTEF y el que había en en el propio Procomún.
  • Los principales contenidos serán los recursos de aprendizaje, artículos e itinerarios de aprendizaje.

Una acción importante que tendrán que realizar aquellos usuarios que ya tenían una cuenta creada al iniciar sesión en Procomún será resetear su contraseña, pues la anterior no es válida en este nuevo espacio debido a la actualización realizada. Los usuarios mantienen todas sus contribuciones.

Os invitamos a visitar Procomún y disfrutar de esta nueva actualización. Seguiremos trabajando para mejorar el servicio que ofrece la plataforma a toda la comunidad educativa.

Para cualquier duda o consulta puede contactarnos recursos.educativos@educacion.gob.es.

jueves, 13 de enero de 2022

Entorno Virtual de Aprendizaxe - Educación Dixital - Proxecto Abalar: Habilitado o BigBlueButton no EVA

 Dispoñible no EVA unha ferramenta de videoconferencia especialmente deseñada para a docencia a distancia: BigBlueButton


Está integrada no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) facilitando así o acceso ás reunións por parte do profesorado e alumnado matriculado nunha materia.

Para engadir unha sala simplemente hai que “Activar edición” e premer en “Engadir unha actividade ou recurso" escollendo o tipo de actividade "BigBluButtonBN".

Na seguinte ligazón pódense consultar as principais funcionalidades desta ferramenta: https://eva.edu.xunta.gal/course/view.php?id=606#section-3