E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta E-Dixgal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E-Dixgal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de marzo de 2023

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24

 

Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24.
  • O prazo de presentacion de solicitudes será desde o 1 de marzo ata o 1 de abril, incluídos.

   

Acceso á aplicación para realizar a solicitude:   Acceso á aplicación

Acceso á web informativa E-Dixgal: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal

Correo electrónico: edixgal@edu.xunta.gal

Teléfono de atención: 881997494

martes, 26 de abril de 2022

Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23

 Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36824

martes, 15 de marzo de 2022

Como crear unha listaxe de verificación. E-Dixgal

 Para engadir unha "Listaxe de verificación", en primeiro lugar debes "Activar edición" e a continuación pulsar sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" do tema onde queiras engadir este_ elemento.

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3834


jueves, 13 de mayo de 2021

A Xunta incorporará 81 novos centros a E-dixgal o vindeiro curso e amplía este programa de libro dixital a 3º e 4º de ESO noutros 139

 A Xunta de Galicia incorporará o vindeiro curso 2021/2022 ao programa de libro dixital E-Dixgal un total de 81 novos centros e ampliará a participación doutros 139 aos cursos de 3º e 4º de ESO, a principal novidade da convocatoria deste ano. Ademais, dous centros educativos que xa o desenvolven en Secundaria incorporan a iniciativa tamén á etapa de Primaria. Deste xeito, o número total de centros integrados no E-Dixgal elévase a 551, dos que 197 son da provincia da Coruña, 90 da de Lugo, 46 da de Ourense e 218 da de Pontevedra.

Das novas incorporacións, 29 son centros da provincia da Coruña e 14 son da provincia de Lugo. No caso da provincia de Ourense súmanse á iniciativa un total de sete centros, mentres que na provincia de Pontevedra os centros novos serán 31. Así mesmo, o CPI de Xanceda (Mesía) e CPR Plurilingüe Padres Somascos, (A Guarda) que xa desenvolven o E-Dixgal en Secundaria, ampliarano o vindeiro curso tamén a Primaria.

Os centros de nova incorporación en Primaria comezarán a traballar co libro dixital o vindeiro curso en 5º, e estenderano o seguinte a 6º. No caso dos que se sumen ao proxecto na etapa de Secundaria, comezarán en 1º de ESO e terán o compromiso de ir estendéndoo progresivamente ata completar os catro cursos.

Duplícase a cifra en secundaria

A convocatoria deste ano incluía por primeira vez a posibilidade de ampliar o programa aos cursos de 3º e 4º de ESO (ata o momento está implantado en 5 e 6 de Primaria e en 1º e 2º de ESO). Serán en total 139 os colexios e institutos que se acollan a esta ampliación, o que suporá case duplicar o número de alumnos de ESO con E-Dixgal en Galicia. Deles, 46 son centros da provincia da Coruña, 28 da provincia de Lugo, cinco da provincia de Ourense e 60 da provincia de Pontevedra.

Esta mellora supón, ademais, que por primeira vez un alumno galego poderá estudar con libro dixital gratuíto durante seis cursos consecutivos.

Estratexia Galega de Educación Dixital 2030

A ampliación do proxecto E-Dixgal é unha das liñas de acción da Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta coa que o Goberno galego vai impulsar a dixitalización do sistema educativo, e que inclúe medidas como a dotación de espazos maker e polos creativos nos centros, ou a implantación da Intelixencia Artificial no curriculum de todas as etapas educativas.

Así mesmo, enmárcase no Plan EDU100 (Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas 2021-2023), coordinado pola Amtega, que supón un investimento 134,6M€ nos próximos tres anos. Ao seu abeiro o Consello da Xunta autorizou xa a adquisición de 45.000 ultraportátiles e equipos para 2.000 aulas, así como a compra de 55.000 equipos fixos e portátiles destinados a docentes. Tamén se deu luz verde á adquisición de 5.000 paneis interactivos para aulas de centros educativos, que cumprirán co obxectivo de que o 100% das aulas de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade entre 1º de Primaria e 2º de Bacharelato sexan dixitais; capacidade de conexión de ata 1Gbps e wifi en todos os espazos docentes.


Fonte: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33964

miércoles, 12 de mayo de 2021

Resolución definitiva de centros admitidos para participar en el proyecto Educación Digital (E-Dixgal) durante el curso 2021/22

 Se adjunta la resolución definitiva de centros nuevos admitidos y centros que implementan o renucian a 3º y 4º ESO en el proyecto Educación digital (E-Dixgal) durante el curso 2021/22.

domingo, 10 de enero de 2021

H5P en E-Dixgal_Tutoriales

 









lunes, 14 de septiembre de 2020

Acceso e interfaz - Eva-Offiline do Eva

 




sábado, 4 de julio de 2020

Recomendacións E-Dixgal

Con motivo da finalización do curso 2019/2020, e de cara ao vindeiro curso, achégase unha serie de recomendacións e información adicional sobre o proxecto E-Dixgal:

1. Os docentes que desexen facer unha copia de seguridade dos recursos propios publicados nos cursos do EVA, para poder restauralos o vindeiro curso, terían que facelo antes do día 31 de agosto. Se tiveran algunha dúbida de como realizar este proceso, poden poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico
 soporte.premium@edu.xunta.gal.

2. Non é preciso facer copias de seguridade dos contidos creados coa Ferramenta de Autor, xa que todos os recursos creados se manteñen de forma permanente ao longo dos cursos académicos. A Ferramenta de autor non estará accesible desde o 15 ata o 31 de agosto.

3. A partir do día 1 de setembro e ata o día 8 de setembro, poderase  acceder aos contidos do curso 2020/2021 no seguinte enderezo 
 https://evaint.edu.xunta.gal/. Durante este período o profesorado que teña asignadas en Xade materias e grupos poderá acceder ás aulas co alumnado matriculado e os contidos das editoriais Netex, Edebé, aulaPlaneta e Pearson. Mentres as materias non estean asignadas en Xade, poderase crear novos espazos, consultar o catálogo e empregar a Ferramenta de Autor.
4. A partir do 9 de setembro o acceso aos cursos 2020/2021 do EVA farase a través do enderezo https://eva.edu.xunta.gal/, tanto para Educación Primaria como para Educación Secundaria. Manteranse todos os cambios feitos en https://evaint.edu.xunta.gal/ durante o período que abarca do día 1 ao día 8 de setembro, tanto nos cursos como na Ferramenta de Autor.

7. O profesorado terá acceso durante o período que abarca do día 1 ao 8 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:
    Curso 2019/2020 en
 https://eva.edu.xunta.gal/
    Curso 2020/2021 en https://evaint.edu.xunta.gal/

8. O acceso aos contidos por parte do alumnado de ESO que teña materias suspensas non se ve afectado, xa que poderá acceder aos seus cursos de xeito habitual ata o día 8 de setembro tanto desde o EVA online como do EVA offline
9. Recoméndase que incorpore toda a información de grupos, materias, profesorado e alumnado para o curso 2020/2021 en Xade antes do día 12 de xullo. Isto facilitará que o día 1 de setembro xa estea todo dispoñible no EVA: as materias, os grupos, o profesorado e o alumnado.

Se tivera algunha dúbida sobre algúns dos puntos expostos anteriormente, pode poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico
 soporte.premium@edu.xunta.gal.
Reciba un cordial saúdo,

viernes, 15 de mayo de 2020

Resolución do 15 de maio de 2020 pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21

NOVA DE ACTUALIDADE 15/05/2020

E-Dixgal: Resolución do 15 de maio de 2020 pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21

Resolución do 15 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21.
Retomarase dende o luns 18 de maio e rematará o 25 do mesmo  mes, ámbolos dous inclusive

miércoles, 6 de mayo de 2020

sábado, 11 de abril de 2020

lunes, 30 de marzo de 2020

Abalar: Os contidos dixitais do proxecto E-Dixgal xa están a disposición dos centros educativos galegos

Abalar: Os contidos dixitais do proxecto E-Dixgal xa están a disposición dos centros educativos galegos

Dende o luns, 30 de Marzo, grazas á colaboración das empresas provedoras de contidos educativos dixitais do proxecto E-DIXGAL, estarán a disposición dos centros educativos galegos os contidos dixitais empregados en dito proxecto. Os centros que desexen empregar ditos recursos, deberán solicitalo a cada unha das empresas a través do seguinte procedemento:
aulaPlaneta
  • Mediante o formulario de solicitude accesible no enderezo https://www.aulaplaneta.com/contacto/
  • Posteriormente, para habilitar dito acceso gratuíto ata finais do curso, aulaPlaneta contactará co centro para realizar o proceso de rexistro dos usuarios (docentes e alumnado), mediante unha folla de cálculo.
  • Pódese solicitar acceso aos contidos de 5º e 6º de Educación Primaria, e de 1º a 4º da ESO.
     
  • Adicionalmente, para facilitar o uso didáctico dos recursos, o profesorado poderá acceder a diario a webminars e propostas didácticas a través do seguinte formulario

Edebé
  • Mediante o formulario de solicitude accesible no enderezo https://links.edebe.com/licencias
  • Ou chamando ao teléfono 902 44 44 41de luns a xoves de 8:00 a 18:00 e os venres de 8:00 a 14:00
  • Pódese solicitar acceso aos contidos de todos os cursos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato

Netext Smart
  • Mediante un correo electrónico ao enderezo  oficinatecnicantx@netexlearning.net  indicando o nome completo do solicitante, o teléfono ou correo electrónico de contacto, o código e nome completo do centro para o que se efectúa a solicitude, e os cursos e materias para os que se solicita o acceso  (de  5º e 6º de Educación Primaria, e 1º e 2º de ESO).

Pearson

jueves, 12 de diciembre de 2019

Novas E-Dixgal

Atópanse dispoñibles na plataforma EVA novos contidos da iniciativa DIXIT: tres recursos na área de Mátemáticas e dous para a materia de Biloxía e Xeoloxía.

Así, as iniciativas de Matemáticas oriéntanse á aprendizaxe visual e manipulativa das matemáticas. A propia manipulación de regletas e figuras 3D afianza o coñecemento e permite a interiorización de algoritmos e conceptos matemáticos complexos.

As regletas dixitais están orientadas á aprendizaxe de conceptos matemáticos abstractos a través da manipulación. Os seus bloques e actividades facilitan a incorporación progresiva de coñecementos matemáticos de distintos niveis. Actualmente están dispoñibles no catálogo os bloques de “Familiarización” e “Sumas e restas”. Amplíase esta iniciativa con dous novos bloques de contido:

Sumas e restas con unidades, decenas e centenas: coa incorporación dun taboleiro dinámico para descompoñer as unidades, decenas e centenas en tres columnas, mellorando a visualización para traballar cálculo. Cada columna outorga un valor  posicional ás regletas e automatiza o seu movemento dunha a outra segundo a operación que se estea realizando.

Multiplicación: dedicado á comprensión e practica de múltiplos dun número, conceptos como dobre e triplo, multiplicacións de varios números, mcm.

Ademáis, engádese una novo recurso para Matemáticas: o Laboratorio de xeometría 3D. Está orientado ao estudo da xeometría no espazo cun enfoque dinámico de visualización e manipulación de figuras en 3D. Favorece o desenvolvemento da visión espacial mediante a experimentación e o descubrimento, algo crucial para o alumnado de 2ºESO, polo que se inclúen dúas vías de aprendizaxe diferenciadas: unha primeira dirixida á adquisición de coñecemento e organización de figuras por familias e unha segunda, o modo construción, modalidade máis creativa que fomenta a aplicación do coñecemento a través da creación combinatoria de figuras.

Por outra parte, as iniciativas de Bioloxía e Xeoloxía promoven o desenvolvemento do pensamento crítico, a través de experiencias que lles fagan sentir como verdadeiros científicos, aprendendo ciencia de forma activa para desenvolver a súa capacidade crítica e reflexiva.

Neste sentido, publícase un novo Snack experiment dedicado á unidade de xeoloxía, completando con el as 6 unidades de Bioloxía de 1ºESO. Do mesmo xeito que no resto de snacks experiment, os alumnos aprenden de forma sinxela un experimento e aplican de forma guiada o método científico que lles permite sacar conclusións por eles mesmos. Neste snack aprenderán a preparar un medidor de ph para diferenciar entre unha substancia aceda ou básica a primeira ollada, cun cambio de cor. A diferenza dos anteriores, este snack experiment ofrece unha experiencia  adaptativa coa posibilidade de elixir entre distintos camiños que axustan o contido segundo a decisión do alumno.

Complétase a unidade de ecosistemas cun novo contido que ofrece unha alternativa interactiva para a aprendizaxe dos ecosistemas e as relacións das especies nunha rede trófica. Ao longo do material, os alumnos aprenderán como é o medio no que viven e as súas relacións nunha rede  trófica, estudando ecosistemas próximos distribuídos pola comunidade galega. Esta iniciativa está actualmente en construción, en breve estará dispoñible o primeiro material dedicado ao ecosistema “charcas  intermareales” que integra unha fase final na que o alumno, aplicando o método científico á observación de variables dependentes e independentes que afectan o ecosistema, así como á interpretación de gráficos, poderá extraer conclusións e verificar as súas hipóteses previas.

domingo, 20 de octubre de 2019

Proxecto E-Dixgal da Xunta de Galicia

viernes, 6 de septiembre de 2019

V Xornada de Coordinación E-Dixgal. Curso 2019/2020

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada ás persoas coordinadoras do Proxecto E-Dixgal, enmarcado no proxecto Abalar.
O obxectivo deste encontro é informar sobre o proxecto E-Dixgal para o curso 2019-2020, entre o que destaca o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, entre outros.
Esta Xornada terá lugar no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, o luns 9 de setembro dende as 09:00 ata as 14:30 horas.

martes, 16 de abril de 2019

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
     

jueves, 28 de febrero de 2019

martes, 22 de enero de 2019

O espazo E-Dixgal

Está á disposición de todos os usuarios o espazo "E-Dixgal" no portal EspazoAbalar, onde podemos atopar moita información sobre o proxecto e tamén acceder ás novas que periódicamente se van publicando sobre E-Dixgal.
O espazo E-Dixgal é un portal web en constante evolución.

viernes, 16 de noviembre de 2018

Elementos aulaPlaneta - EDIXGAL