E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

martes, 16 de abril de 2024

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25

 Resolución do 15 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.

  • O prazo de presentacion de solicitudes será desde o 17 de abril ata o 26 de abril, incluídos.

Acceso á aplicación para realizar a solicitude:   Acceso á aplicación

Acceso á web informativa E-Dixgal: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

Correo electrónico: edixgal@edu.xunta.gal

Teléfono de atención: 881997494/981546514

lunes, 8 de abril de 2024

NOVAS EDIXGAL

 O próximo mércores 17 de abril de 2024 de 17:00-18:00hs, terá lugar un webinar para coñecer todas as ferramentas e recursos de avaliación para a avaliación continua, competencial e formativa do alumnado.

Os contidos da sesión son:

  • Xera diferentes métodos de avaliación
  • Propostas de aplicación: Avaliar o contido e os procesos de traballo
  • Aprendizaxe autónomo do alumnado
  • Utilización de funcións: tarefas, seguimento do alumnado, corrección e retroalimentación

Inscrición previa en: https://ecv.microsoft.com/Hrxc1b9xXN