E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta Agueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agueiro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de noviembre de 2021

Nocións básicas de E-Dixgal _ Software

  Actividades para o inicio dun curso dixital.

(Author's name hidden)


Estas unidades están deseñadas para aqueles alumnos que carecen de competencia dixital e poder axudar aos profesores que precisen de material para facilitar unha primeira aproximación ao novo dispositivo.

Previo ao traballo co EVA e a empregar os ordenadores de forma continuada debemos presentar unhas nocións básicas sobre o seu manexo que ampliarán a competencia dixital dos rapaces. Comezarán dunha maneira mais segura e eficiente o traballo diario durante o curso. Inda que parezan unha perda de tempo, ao longo, sempre será tempo gañado.

O profesorado que o precise, pode acceder aos manuais e a toda a información dos proxectos Abalar e Edixgal na Aula Aberta Abalar: ( http://www.edu.xunta.es/centros/abalar ).

viernes, 30 de octubre de 2020

Tutoriales de Agueiro

 










miércoles, 15 de abril de 2020

Agueiro: comunidades educativas dixitais


lunes, 26 de marzo de 2018

Comunidade Educativa Virtual Agueiro

Que é Agueiro?
Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderá participar todo o profesorado e alumnado do propio centro.
Agueiro combina as funcionalidades de rede social, portafolio dixital educativo e espazo persoal de almacenamento na nube.
A quen vai dirixido?
  • Profesorado
    Todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de ensino non universitario, pode acceder ao seu espazo persoal en Agueiro con só introducir os seus datos de identificación corporativa, é dicir, o mesmo usuario e contrasinal que usa para acceder á súa conta de correo electrónico "usuario@edu.xunta.es".
  • Centros educativos
    Os centros educativos que o soliciten, poderán dispoñer da súa propia comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, da que poderán formar parte tanto os profesores como os alumnos do propio centro. 
    Cada unha destas comunidades terá o seu propio administrador (un responsable do centro educativo) e os seus propios xestores (os profesores/as do centro) que serán os encargados de realizar o mantemento e a xestión íntegra da súa comunidade.
    As comunidades proporcionan funcionalidades adicionais aos usuarios que pertencen a elas, como son a creación de grupos, contidos específicos dos grupos, ferramentas colaborativas, foros de debate, ...etc
  • Alumnos
    Os centros educativos que xa dispoñan dunha comunidade educativa virtual en Agueiro, poden dar de alta aos seus propios alumnos.
    Os alumnos, dispoñen do seu propio espazo persoal privado así como tamén teñen acceso a todas as funcionalidades propias das comunidades.
O entorno de traballo de Agueiro
Cando o centro educativo xa ten creada a súa comunidade en Agueiro, chega o momento de empezar a traballar pero ... cómo se traballa en Agueiro?.
Imaxina que tes unha caixa onde vas gardando e clasificando todo o teu traballo. Nesa caixa irás metendo os textos que escribiches, as túas presentacións, as fotos que fixeches, os teus debuxos, os teus vídeos ... e moitas outras cousas. 
A todas estas cousas, en Agueiro chamámoslles "Artefactos".

Todos estes artefactos están na túa caixa, así que ninguén máis pode velos porque a túa caixa de artefactos é privada e só ti podes acceder a ela.
A esta caixa, en Agueiro chamámoslle "Contidos".

Para que outros usuarios de Agueiro poidan ver e valorar o teu traballo (os teus compañeiros, os teus profesores, ...) debes crear "Páxinas" nas que poderás colocar algúns dos artefactos que tes na túa caixa e que demostran todo o que traballaches sobre un determinado tema.
Podes crear tantas páxinas como queiras.

Ao conxunto de todas as túas páxinas, en Agueiro chamámoslle "Portafolio"

O entorno social de Agueiro

Agueiro tamén proporciona un entorno de rede social onde todos os usuarios poden relacionarse entre sí formando parte dos distintos "Grupos" que se poden crear.
Unicamente os profesores (xestores) e os responsables das comunidades (administradores) poden crear grupos, pero todos os usuarios poderán unirse a aqueles grupos onde se lles permita o acceso. A estrutura de grupos pode reproducir a estrutura do propio centro educativo ou pode responder a calquera outro criterio organizativo.
A páxina de inicio do grupo é o seu espazo principal, desde onde os membros do grupo poden acceder aos distintos elementos e ferramentas propios do grupo: blogs, ficheiros, carpetas, páxinas, foros de debate e coleccións.

martes, 6 de marzo de 2018

Agueiro - IES RAMÓN CAAMAÑO



Parabéns polo seu traballo. 

E as últimas de Edixgal, na seguintes ligazóns:




viernes, 2 de marzo de 2018

Que é Agueiro?


Que é Agueiro?

Agueiro é unha plataforma en liña, basada en Mahara, que combina un sistema de portafolios cunha comunidade virtual. É unha ferramenta que permite que tanto docentes como alumnos teñan un papel activo na apredizaxe, ademais de proporcionar unha canle de comunicación fluída.




Fonte: http://atio.es/agueiro/


Esta páxina foi creada para dar soporte ás sesións de formación de Agueiro nos centros educativos da zona Cee.
Autor. Martín Pardiñas Fondo
Correo-e.  martindetecnoloxia@gmail.com