E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Pearson. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Pearson. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de diciembre de 2018

Editorial Pearson

Informámoslle que os preto de 21.000 usuarios do Proxecto Abalar, dos 267 centros educativos, contan desde hoxe cun cuarto provedor de Inglés, a Editorial Pearson. Estes contidos complementan ás 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, que están integradas na plataforma do libro dixital, ás que se suman as unidades, recursos complementarios e acceso ao banco de contidos da Editorial Planeta, e aos máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes galegos.
Dentro de cada unha das unidades didácticas da Editorial Pearson, pódense atopar para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO o Dixital Book (o libro do alumnado incluíndo os recursos multimedia e as actividades interactivas) e as Activities (as actividades interactivas e complementarias ás actividades do libro do alumnado).
Os contidos de Pearson están desenvoltos seguindo os estándares actuais de usabilidadepara o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), dispoñendo dun deseño áxil e dinámico que favorece amplamente a súa utilización. Poden ser empregados polo alumnado e o profesorado tanto  en modo online como co cliente offline. Ademáis, os usuarios con rol docente verán materiais non accesibles para os usuarios con perfil alumnado. Estes materiais son os específicos para o profesorado, como son as programacións  solucionarios, guías e similares.
Os contidos están desenvoltos empregandotecnoloxía responsive, permitindo o uso do contido nos ordenadores, tablets,  smartphones..., garantindo deste xeito a adaptación a todo tipo de dispositivo.
As novas unidades da editorial Pearson xa están dispoñibles no Catálogo do EVA e para engadilas é necesario incorporalas a través do buscador de recursos.