Informámoslle que os preto de 21.000 usuarios do Proxecto Abalar, dos 267 centros educativos, contan desde hoxe cun cuarto provedor de Inglés, a Editorial Pearson. Estes contidos complementan ás 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, que están integradas na plataforma do libro dixital, ás que se suman as unidades, recursos complementarios e acceso ao banco de contidos da Editorial Planeta, e aos máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes galegos.
Dentro de cada unha das unidades didácticas da Editorial Pearson, pódense atopar para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO o Dixital Book (o libro do alumnado incluíndo os recursos multimedia e as actividades interactivas) e as Activities (as actividades interactivas e complementarias ás actividades do libro do alumnado).
Os contidos de Pearson están desenvoltos seguindo os estándares actuais de usabilidadepara o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), dispoñendo dun deseño áxil e dinámico que favorece amplamente a súa utilización. Poden ser empregados polo alumnado e o profesorado tanto en modo online como co cliente offline. Ademáis, os usuarios con rol docente verán materiais non accesibles para os usuarios con perfil alumnado. Estes materiais son os específicos para o profesorado, como son as programacións solucionarios, guías e similares.
Os contidos están desenvoltos empregandotecnoloxía responsive, permitindo o uso do contido nos ordenadores, tablets, smartphones..., garantindo deste xeito a adaptación a todo tipo de dispositivo.
As novas unidades da editorial Pearson xa están dispoñibles no Catálogo do EVA e para engadilas é necesario incorporalas a través do buscador de recursos.
Máquinas virtuais con Virt Manager
-
Máquinas virtuais con Virt Manager
Xa estamos de volta das vacacións. Continúo coa labor dos cursos
anteriores, a de difundir pequenos manuais para aprend...
Hace 2 años
0 comentarios:
Publicar un comentario