E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

sábado, 25 de septiembre de 2021

Webinars: “Edebé On plus”

   Os próximos días martes 28 e mércores 29 vanse celebrar sendos webinars para afondar no modelo funcional e pedagóxico dos contidos editoriais “Edebé On plus” publicados no EVA.

O webinar para o profesorado que imparte en Educación Primaria será o martes día 28 de 17:30 a 18:30hs.

https://us06web.zoom.us/j/84197611466?pwd=bmN3VWRQZC94anlvZzIwQTYxRzBYUT09


O webinar para o profesorado que imparte en Educación Secundaria será o mércores día 29 de 17:30 a 18:30hs.

https://us06web.zoom.us/j/89816263130?pwd=OE5Eb2pmVC90eFFTL2dxdldqeEE1QT09

Estas sesións formativas, de carácter voluntario, están destinadas a todo o profesorado que imparte en cursos E-Dixgal.

Os webinars vanse gravar para a súa posterior publicación no EVA, dentro do apartado “Axuda”.

miércoles, 15 de septiembre de 2021

Novas E-Dixgal

  O profesorado terá acceso ata o luns día 27 de setembro ao entorno de aprendizaxe do curso 2020/2021, co fin de recuperar os contidos incluídos nos seus cursos.

O acceso realizarase a través da url https://eva35.edu.xunta.gal/ utilizando as credencias habituais e habilitarase só para o profesorado.

É importante ter en conta as seguintes indicacións:

  • O acceso só é para recuperar contidos ou facer copias de seguridade do curso completo, co fin de restauralas no curso 2021/2022.
  • Non se deberá incorporar ningún contido a eses cursos antes de facer a copia.
  • Os contidos editoriais non se deben incluír na copia, xa que hai novas versións dos mesmos, e deben incluírse posteriormente á restauración.
  • O tamaño máximo da copia non debe exceder os 500MB para que poida restaurarse no curso 2021/2022. Se un curso ocupa máis de 500MB debe facerse a copia dividindo por seccións para non superar, en ningún caso, o tamaño máximo permitido.

Se tivera algunha dúbida pode poñerse en contacto co Servizo Premium.

martes, 7 de septiembre de 2021

Novas E-Dixgal Curso 2021-2022

 

 

O profesorado que imparte nos cursos E-Dixgal, xa ten creadas as materias e o alumnado matriculado nas mesmas. Estes datos recóllense de XADE polo que, se non están todas as materias ou todo o alumnado, pode poñerse en contacto co equipo directivo do centro educativo para que actualicen os grupos, as materias e o alumnado (os cambios realizados en XADE quedarán reflectidos no EVA ao día seguinte).

As primeiras actuacións que pode facer como docente é comezar revisando os contidos das distintas editoriais dispoñibles no Catálogo para a súa materia e ir incorporándoos ós seus cursos.

Na seguinte páxina https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal recóllese toda a información relacionada co Proxecto E-Dixgal: centros participantes, información para as familias, datos de contacto do Soporte Premium, etc.

Ante calquera dúbida sobre os puntos expostos anteriormente ou sobre o Proxecto E-Dixgal, pode poñerse en contacto co asesor/a Abalar de zona ou co Servizo Premium.

Ver el mensaje en su contexto