O profesorado terá acceso ata o luns día 27 de setembro ao entorno de aprendizaxe do curso 2020/2021, co fin de recuperar os contidos incluídos nos seus cursos.
O acceso realizarase a través da url https://eva35.edu.xunta.
É importante ter en conta as seguintes indicacións:
- O acceso só é para recuperar contidos ou facer copias de seguridade do curso completo, co fin de restauralas no curso 2021/2022.
- Non se deberá incorporar ningún contido a eses cursos antes de facer a copia.
- Os contidos editoriais non se deben incluír na copia, xa que hai novas versións dos mesmos, e deben incluírse posteriormente á restauración.
- O tamaño máximo da copia non debe exceder os 500MB para que poida restaurarse no curso 2021/2022. Se un curso ocupa máis de 500MB debe facerse a copia dividindo por seccións para non superar, en ningún caso, o tamaño máximo permitido.
Se tivera algunha dúbida pode poñerse en contacto co Servizo Premium.
0 comentarios:
Publicar un comentario