Home »
» Novas E-Dixgal Curso 2021-2022
11:51
|
O profesorado que imparte nos cursos E-Dixgal, xa ten creadas as materias
e o alumnado matriculado nas mesmas. Estes datos recóllense de XADE polo que,
se non están todas as materias ou todo o alumnado, pode poñerse en contacto
co equipo directivo do centro educativo para que actualicen os grupos, as
materias e o alumnado (os cambios realizados en XADE quedarán reflectidos no
EVA ao día seguinte).
As primeiras actuacións que pode facer como docente é comezar revisando os
contidos das distintas editoriais dispoñibles no Catálogo para a súa materia
e ir incorporándoos ós seus cursos.
Na seguinte páxina https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal
recóllese toda a información relacionada co Proxecto E-Dixgal: centros
participantes, información para as familias, datos de contacto do Soporte
Premium, etc.
Ante calquera dúbida sobre os puntos expostos anteriormente ou sobre o
Proxecto E-Dixgal, pode poñerse en contacto co asesor/a Abalar de zona ou co
Servizo Premium.
Ver el mensaje en su contexto
|
0 comentarios:
Publicar un comentario