E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

Mostrando entradas con la etiqueta Redeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Redeiras. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de octubre de 2020

Redeiras: Grupo de Coordinadores E-Dixgal 2020-21

  COORDINADORES EDIXGAL 2020-2021

SUSCRÍBETE ÁS NOTIFICACIÓNS DO GRUPO para recibir automáticamente no teu correo unha comunicación das intervencións que se produzan no foro de debate e dos novos contidos incorporados ao grupo.

COMO SUSCRIBIRSE? Pulsa no menú superior "Configuración" e fai clic na opción "Notificacións de grupo" que se mostrará na parte dereita da pantalla. Neste menú marca a opción "Correo electrónico" que corresponde a este grupo e finalmente pulsa o botón "Gardar".

Descrición breve: Grupo para compartir e intercambiar información entre os coordinadores/as EDIXGAL dos centros educativos participantes no proxecto.