Resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24
Achégase a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2023/24.
EDUCACIÓN DIXITAL - Implantación do libro dixital nos centros educativos.
Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.
Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es
Achégase a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2023/24.
Acceso á aplicación para realizar a solicitude: Acceso á aplicación
Acceso á web informativa E-Dixgal: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal
Correo electrónico: edixgal@edu.xunta.gal
Teléfono de atención: 881997494
Dispoñible no catálogo do EVA as unidades didácticas de Aulaplaneta para o segundo trimestre de 5º de primaria, 1º de ESO, 3º de ESO e 4º de ESO .
No catálogo tamén está publicado o curso completo de 6º de primaria e 2º de ESO de Aulaplaneta.
Xúntase a Resolución do 12 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2022/23.
Resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24 Achégase a res...