martes, 7 de noviembre de 2023

Novas Edixgal

Os centros educativos poden solicitar sesións de formación dentro do Plan de Formación de Centro, en formato presencial ou online, para coñecer en profundidade os contidos curriculares dixitais de Aulaplaneta: Están indicadas para novos centros E-Dixgal e centros que xa o utilizan e queiran afondar ou resolver dúbidas. Poderán acreditarse estas horas de formación como parte do PFPP do propio centro. No formulario pódense indicar os intereses do profesorado para adaptar ao máximo a sesión: avaliación e seguimento do alumnado, situacións de aprendizaxe, edición, dinámicas de aula… As persoas do equipo directivo ou as persoas coordinadoras E-Dixgal poden facer a solicitude en https://ecv.microsoft.com/H0NbziOf8z Indicando a data e hora máis convinte.

0 comentarios:

Publicar un comentario