E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

martes, 29 de marzo de 2022

Novas E-Dixgal; "Geogebra"

 Acaba de incorporarse ao EVA Edixgal un novo módulo denominado “Geogebra”, que permite incorporar en calquera materia ou curso do EVA as actividades de tipo Geogebra, de forma fácil e sinxela.

Geogebra é unha aplicación de matemáticas dinámicas, adaptada para todos os niveis educativos que engloba xeometría, álxebra, cálculo, estatística, probabilidade e análise.

Ademais, Geogebra facilita o seguimento do progreso do alumnado xa que garda a puntuación, data e duración de cada un dos intentos realizados.


Para máis información, pode consultarse a web oficial de Geogebra: https://www.geogebra.org/

lunes, 28 de marzo de 2022

Materiales para el diseño del Plan Digital de Centro, INTEF

Materiales para el diseño del Plan Digital de Centro.

l Plan Digital es el documento que desarrolla la estrategia digital de centro que deberá estar contemplada en su Proyecto Educativo (art. 121), tal y como se establece en el artículo único de la Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006 de Educación.

El objetivo de que todos los centros educativos dispongan de un plan  digital que estructure las estrategias organizativas y académicas, de manera que se logre la transformación del centro en una organización educativa digitalmente competente, está recogido en el Programa para la mejora de la competencia digital educativa #ComDigEdu acordado por la Conferencia Sectorial de 21 de julio de 2021.

Esta iniciativa, financiada a través del Mecanismo de Recuperación y Resiliencia con los fondos europeos Next Generation EU, forma parte de las acciones previstas en el Plan de Digitalización y Competencias Digitales del Sistema Educativo del Ministerio de Educación y Formación Profesional que, a su vez, se enmarca en el Plan Nacional de Competencias Digitales que desarrolla el tercer eje estratégico de la Agenda España Digital 2025.

Esta actuación está orientada a mejorar el uso de las tecnologías digitales en los procesos de enseñanza y aprendizaje y se alinea, por lo tanto, con el Plan de Acción de Educación Digital de la Comisión Educación Europea (DEAP 2021-2027) que persigue el desarrollo de un ecosistema de educación digital de alto rendimiento y la mejora de las competencias y habilidades digitales y que da continuidad al DEAP 2018-2020, durante el cual se creó la herramienta de autoevaluación de la competencia digital de los centros SELFIE.

Desde el INTEF ponemos a disposición del profesorado materiales formativos de apoyo para la elaboración del Plan Digital de Centro, que incluimos en tres nuevos espacios de la plataforma ConectaTIC:

  • El espacio “Planificación estratégica” ofrece los contenidos del curso “Liderazgo pedagógico para el éxito educativo de todo el alumnado”, cuyo objetivo es proporcionar orientaciones y herramientas para el diseño de un plan de mejora del centro empleando la metodología de la planificación estratégica.
  • El espacio “Diseña el Plan Digital de tu centro” muestra una visión del marco DigCompOrg del JRC y cómo emplearlo con el fin de hacer de los centros educativos organizaciones digitalmente competentes. Para elaborar el Plan Digital de Centro se propone el uso de la planificación estratégica y de la herramienta de autoevaluación SELFIE, diseñada para ayudar a los centros educativos a hacer un diagnóstico de la integración de las tecnologías digitales en los aspectos pedagógicos, organizativos y de infraestructura, así como a evaluar periódicamente los logros alcanzados.
  • El espacio Community Manager Educativo presenta la figura del community manager, responsable del desarrollo del Plan de Comunicación de centro y de seleccionar y gestionar su comunicación y visibilidad a través de distintos medios digitales. Este espacio proporciona herramientas y estrategias a tener en cuenta en el desarrollo del plan de comunicación de centro. Este instrumento permitirá sensibilizar, informar y crear cauces de participación de la comunidad educativa en el diseño del plan digital de centro.

Estos espacios se suman a los cinco que estaban disponibles hasta ahora en ConectaTIC:

Si todavía no lo has hecho, anímate a visitar ConectaTIC y acceder a cualquiera de sus espacios.

ConectaTIC es un espacio de apoyo que ofrece una selección de materiales relativos a la enseñanza y el aprendizaje en entornos digitales. Aunque no se trata de un curso en el sentido tradicional, podrás realizar consultas, aportar tus impresiones, compartir sugerencias y colaborar en el intercambio de experiencias con los demás participantes.Logo de ConectaTIC

lunes, 21 de marzo de 2022

Plan Dixital - O análise DAFO

 

análise DAFO (Debilidades - Ameazas- Fortalezas- Oportunidades ) é unha ferramenta de análise estratéxico para axudar na toma de decisións/planificacións.
O análise céntrase en factores externos ( Oportunidades e Ameazas) e factores internos (Debilidades e Fortalezas).

Autores recoñecidos na materia, coma Fernando Trujillo, recomendan primeiro comezar ca análise dos factores externos, pero non o consideran indispensable. A primeira pregunta podería ser cales son as oportunidades que ofrece a contorna e o ambiente no que nos atopamos e como se poden aproveitar; e a segunda pregunta, que tipo de ameazas hai na contorna e como se poden evitar ou eliminar se é posible. Se as oportunidades fan referencia a factores externos atractivos e positivos para o centro, as ameazas apuntan a factores externos, máis aló do control do centro, e que poden pór en risco a consecución dos obxectivos. Ao mesmo tempo, estes factores non se refiren exclusivamente ao presente, senón tamén ás oportunidades e ameazas que poden xurdir no futuro e a súa incidencia no desenvolvemento do centro. Neste sentido, para a análise das ameazas e as oportunidades podemos considerar factores demográficos, económicos, políticos e legais, sociolóxicos, medio-ambientais, tecnolóxicos ou culturais.

O segundo paso é a análise de factores internos. Aquí as preguntas son cales son as fortalezas do centro e como se poden potenciar e cales son as debilidades e como se poden limitar ou eliminar. Neste caso, se as fortalezas fan referencia a atributos propios do centro de marcado signo positivo, as debilidades sinalan rasgos que, a pesares de estar baixo o control do centro, limitan a súa capacidade para acadar os obxectivos desexados. A análise dos
factores internos (debilidades e fortalezas) pode centrarse en catro aspectos de crucial importancia:

  • Persoal: o claustro, a súa formación, as súas habilidades... ; relacións con pais e nais; o alumnado, as súas competencias, nivel, características...
  • Propiedades: edificios dispoñibles, conexións, distribución de espazos, equipamentos...
  • Procesos: programación, instrución, avaliación, titorización, xestión (económica, didáctica...) do centro...
  • Produtos: programacións, adaptacións curriculares, probas de avaliación, cualificacións...

martes, 15 de marzo de 2022

Novos contidos DIXIT

 

O proxecto DIXIT acaba de poñer a disposición da comunidade educativa 4 contidos dixitais gratuítos (3 novos e 1 ampliación), dispoñibles no catálogo do EVA, para as materias de Física y Química, Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias Sociais.

Na materia de Ciencias Sociais, publícase o primeiro contido da iniciativa “A Idade Media”, “Xogos populares da Idade Media”, que busca estimular ao alumnado a través de experiencias de investigación sobre os entretementos desa época histórica, ao tempo que fomenta a súa creatividade con actividades prácticas para construír os seus propios xogos medievais. A iniciativa contará pronto con outros dous contidos: un percorrido pola vida na Idade Media da man do cabaleiro Ruy Paez de Biedma e un repaso aos inventos máis relevantes da época. Este contido está dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/dixit

Como crear unha listaxe de verificación. E-Dixgal

 Para engadir unha "Listaxe de verificación", en primeiro lugar debes "Activar edición" e a continuación pulsar sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" do tema onde queiras engadir este_ elemento.

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3834


Bolsa de recursos_E-Dixgal

 Dispoñibles no Entorno Virtual de Aprendizaxe novas funcionalidades: a Bolsa de recursos, a listaxe de verificación e tres novos tipos de preguntas

Por un lado, a “Bolsa de recursos” é un bloque que pode ser incorporado nas materias do EVA por parte do profesorado e que permite trasladar unha copia de calquera dos recursos desde unha materia a outra. Basicamente, trátase dunha especie de "contenedor temporal" onde o profesorado pode introducir unha copia dos recursos que desexe trasladar desde unha materia a outra.

Manual sobre a “Bolsa de recursos” https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3834

Por outra parte, a “Listaxe de verificación” permítelle ao profesorado crear unha listaxe de elementos ou items que se deben acadar ou realizar por parte dos alumnos. Este elemento pode configurarse e insertarse en calquera sección ou tema da materia por parte do profesor e será accesible polo alumnado como calquera outra actividade ou recurso. O alumnado, pola súa parte, cando acceda á "Listaxe de verificación" deberá ir marcando cada elemento desta listaxe a medida que vaia completando ou realizando o que se indica en cada un dos items que a compoñen. Esta funcionalidade tamén permite que o profesorado poida monitorizar o progreso do seu alumnado en forma de barras de progreso e porcentaxes de completado.



Manual sobre a “Listaxe de verificación”

Finalmente, tres novos tipos de preguntas para empregar no “Banco de preguntas” deo EVA: “Multinuméricas”, de “Orde” e de “Armadura” (para a materia de Música).

martes, 8 de marzo de 2022

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23

 Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.

  • O prazo de presentacion de solicitudes será desde o 9 de marzo ata o 8 de abril de 2022, incluídos.

Acceso a la aplicación para realizar la solicitud:   Acceso á aplicación

Acceso á web informativa E-Dixgal: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal

Correo electrónico: edixgal@edu.xunta.gal

Teléfono de atención: 881997494

ABALARBOX EDU.XUNTA