martes, 15 de marzo de 2022

Bolsa de recursos_E-Dixgal

 Dispoñibles no Entorno Virtual de Aprendizaxe novas funcionalidades: a Bolsa de recursos, a listaxe de verificación e tres novos tipos de preguntas

Por un lado, a “Bolsa de recursos” é un bloque que pode ser incorporado nas materias do EVA por parte do profesorado e que permite trasladar unha copia de calquera dos recursos desde unha materia a outra. Basicamente, trátase dunha especie de "contenedor temporal" onde o profesorado pode introducir unha copia dos recursos que desexe trasladar desde unha materia a outra.

Manual sobre a “Bolsa de recursos” https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3834

Por outra parte, a “Listaxe de verificación” permítelle ao profesorado crear unha listaxe de elementos ou items que se deben acadar ou realizar por parte dos alumnos. Este elemento pode configurarse e insertarse en calquera sección ou tema da materia por parte do profesor e será accesible polo alumnado como calquera outra actividade ou recurso. O alumnado, pola súa parte, cando acceda á "Listaxe de verificación" deberá ir marcando cada elemento desta listaxe a medida que vaia completando ou realizando o que se indica en cada un dos items que a compoñen. Esta funcionalidade tamén permite que o profesorado poida monitorizar o progreso do seu alumnado en forma de barras de progreso e porcentaxes de completado.



Manual sobre a “Listaxe de verificación”

Finalmente, tres novos tipos de preguntas para empregar no “Banco de preguntas” deo EVA: “Multinuméricas”, de “Orde” e de “Armadura” (para a materia de Música).

0 comentarios:

Publicar un comentario