O análise DAFO (Debilidades - Ameazas- Fortalezas- Oportunidades ) é unha ferramenta de análise estratéxico para axudar na toma de decisións/planificacións.
O análise céntrase en factores externos ( Oportunidades e Ameazas) e factores internos (Debilidades e Fortalezas).
Autores recoñecidos na materia, coma Fernando Trujillo, recomendan primeiro comezar ca análise dos factores externos, pero non o consideran indispensable. A primeira pregunta podería ser cales son as oportunidades que ofrece a contorna e o ambiente no que nos atopamos e como se poden aproveitar; e a segunda pregunta, que tipo de ameazas hai na contorna e como se poden evitar ou eliminar se é posible. Se as oportunidades fan referencia a factores externos atractivos e positivos para o centro, as ameazas apuntan a factores externos, máis aló do control do centro, e que poden pór en risco a consecución dos obxectivos. Ao mesmo tempo, estes factores non se refiren exclusivamente ao presente, senón tamén ás oportunidades e ameazas que poden xurdir no futuro e a súa incidencia no desenvolvemento do centro. Neste sentido, para a análise das ameazas e as oportunidades podemos considerar factores demográficos, económicos, políticos e legais, sociolóxicos, medio-ambientais, tecnolóxicos ou culturais.
O segundo paso é a análise de factores internos. Aquí as preguntas son cales son as fortalezas do centro e como se poden potenciar e cales son as debilidades e como se poden limitar ou eliminar. Neste caso, se as fortalezas fan referencia a atributos propios do centro de marcado signo positivo, as debilidades sinalan rasgos que, a pesares de estar baixo o control do centro, limitan a súa capacidade para acadar os obxectivos desexados. A análise dos
factores internos (debilidades e fortalezas) pode centrarse en catro aspectos de crucial importancia:
- Persoal: o claustro, a súa formación, as súas habilidades... ; relacións con pais e nais; o alumnado, as súas competencias, nivel, características...
- Propiedades: edificios dispoñibles, conexións, distribución de espazos, equipamentos...
- Procesos: programación, instrución, avaliación, titorización, xestión (económica, didáctica...) do centro...
- Produtos: programacións, adaptacións curriculares, probas de avaliación, cualificacións...
0 comentarios:
Publicar un comentario