Acaba de incorporarse ao EVA Edixgal un novo módulo denominado “Geogebra”, que permite incorporar en calquera materia ou curso do EVA as actividades de tipo Geogebra, de forma fácil e sinxela.
Geogebra é unha aplicación de matemáticas dinámicas, adaptada para todos os niveis educativos que engloba xeometría, álxebra, cálculo, estatística, probabilidade e análise.
Ademais, Geogebra facilita o seguimento do progreso do alumnado xa que garda a puntuación, data e duración de cada un dos intentos realizados.
Para máis información, pode consultarse a web oficial de Geogebra: https://www.geogebra.org/
0 comentarios:
Publicar un comentario