jueves, 21 de septiembre de 2023

Novas E-Dixgal

 WEBINARS DE AULAPLANETA: Martes 19 ou 26/09/2023, Mércoles 20 ou 27/09/2023

Estes dous webinars de Aulaplaneta afondarán nos contidos e na súa aplicación didáctica na aula, nas funcionalidades e propostas didácticas:

  • Programación e contenidos de Aulaplaneta en Edixgal - Martes 19/09/2023 ou 26/09/2023 de 17:00 a 18:00h .
  • Coñece as funcionalidades de Aulaplaneta en Edixgal – Mércoles 20/09/2023 ou 27/09/2023 de 17:00 a 18:00h.

NOTA: O centro educativo pode solicitar sesións de formación de Aulaplaneta dentro do PFPP , en formato presencial ou online . A solicitude farase a través do seguinte formulario

WEBINAR DE EDEBÉ: Martes 26/09/2023

Este segundo webinar de Edebé, mediante exemplos prácticos, centrarase en como seleccionar, traballar e editar os contidos desta editorial, de maneira que se poida ofrecer unha experiencia de aprendizaxe personalizada ao alumnado. Para iso, explicarase como aproveitar ao máximo as posibilidades da plataforma edebéOn+. E por último, veranse as diversas formas de asignar os contidos ao alumnado.

Martes 26/09/2023 de 16:00 a 17:00hs

Acceder directamente desde esta ligazón

WEBINARS DE NETEX: Mércores 27/09/2023 e xoves 28/09/2023

Estes dous webinars de Netex afondarán nas súas funcionalidades xerais e na avaliación e as últimas novidades.

  • Contidos Smartclassroom de Netex I. Ferramentas básicas para a xestión intelixente na aula. Analizaranse as funcionalidades básicas e capas de intelixencia sobre os contidos creados por Netex.
    • Ferramentas de control da aula.
    • Obtención de datos en tempo real
    • Acceso á libreta dixital do alumnado.
    • Autoría e personalización básica dos contidos.

Mércores 27/09/2023 de 18:00 a 19:00hs

Inscribirse na seguinte ligazón

  • Contidos Smartclassroom de Netex II. Avaliación intelixente e outras novidades funcionais . Profundizarase máis nas funcionalidades que ofrece coa solución SmartClassroom de Netex, mostrando especialmente as nosas novas funcionalidades:
    • Personalización da avaliación das unidades.
    • Creación de unidades propias dende cero.
    • Creación de novos tipos de actividades personalizadas
    • Outras novidades

Xoves 28/09/2023 de 18:00 a 19:00hs

Inscribirse na seguinte ligazón

0 comentarios:

Publicar un comentario