Con motivo da finalización do curso 2019/2020, e de cara ao vindeiro curso, achégase unha serie de recomendacións e información adicional sobre o proxecto E-Dixgal:
1. Os docentes que desexen facer unha copia de seguridade dos recursos propios publicados nos cursos do EVA, para poder restauralos o vindeiro curso, terían que facelo antes do día 31 de agosto. Se tiveran algunha dúbida de como realizar este proceso, poden poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal.
2. Non é preciso facer copias de seguridade dos contidos creados coa Ferramenta de Autor, xa que todos os recursos creados se manteñen de forma permanente ao longo dos cursos académicos. A Ferramenta de autor non estará accesible desde o 15 ata o 31 de agosto.
3. A partir do día 1 de setembro e ata o día 8 de setembro, poderase acceder aos contidos do curso 2020/2021 no seguinte enderezo https://evaint.edu.xunta.gal/. Durante este período o profesorado que teña asignadas en Xade materias e grupos poderá acceder ás aulas co alumnado matriculado e os contidos das editoriais Netex, Edebé, aulaPlaneta e Pearson. Mentres as materias non estean asignadas en Xade, poderase crear novos espazos, consultar o catálogo e empregar a Ferramenta de Autor.

4. A partir do 9 de setembro o acceso aos cursos 2020/2021 do EVA farase a través do enderezo https://eva.edu.xunta.gal/, tanto para Educación Primaria como para Educación Secundaria. Manteranse todos os cambios feitos en https://evaint.edu.xunta.gal/ durante o período que abarca do día 1 ao día 8 de setembro, tanto nos cursos como na Ferramenta de Autor.
7. O profesorado terá acceso durante o período que abarca do día 1 ao 8 de setembro aos dous entornos de aprendizaxe:
Curso 2019/2020 en https://eva.edu.xunta.gal/
Curso 2020/2021 en https://evaint.edu.xunta.gal/
8. O acceso aos contidos por parte do alumnado de ESO que teña materias suspensas non se ve afectado, xa que poderá acceder aos seus cursos de xeito habitual ata o día 8 de setembro tanto desde o EVA online como do EVA offline

9. Recoméndase que incorpore toda a información de grupos, materias, profesorado e alumnado para o curso 2020/2021 en Xade antes do día 12 de xullo. Isto facilitará que o día 1 de setembro xa estea todo dispoñible no EVA: as materias, os grupos, o profesorado e o alumnado.
Se tivera algunha dúbida sobre algúns dos puntos expostos anteriormente, pode poñerse en contacto co Soporte Premium a través do teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal.

Reciba un cordial saúdo,
0 comentarios:
Publicar un comentario