martes, 15 de diciembre de 2020

Xogos educativos no Eva

 

O Módulo Xogos (Games) é un novo plugin que permite crear novas actividades no EVA en forma de xogos educativos mediante o uso de glosarios, cuestionarios e preguntas.

As preguntas dos xogos usan como fonte de datos os termos de algún glosario ou as preguntas dunha determinada categoría ou cuestionario xa existente previamente na materia.

Para os xogos só se aceptan tres tipos de preguntas: opción múltiple, resposta curta e verdadeiro/falso.

Os xogos que podemos crear con este plugin son os seguintes:

1  Aforcado

2  Encrucillado

3  Sopa de letras

4  Millonario

5  Sudoku

6  Imaxe oculta

7  Serpes e escadas

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/mod/page/view.php?id=3103

0 comentarios:

Publicar un comentario