jueves, 20 de febrero de 2020

IX Edición do Plan Navega con Rumbo

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a novena edición do plan ?Navega con Rumbo?, enmarcado dentro do proxecto de educación E-Dixgal.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Especialistas do CPEIG achegaranse aos centros educativos para impartir sesións divulgativas cunha duración aproximada dunha hora, apoiadas nas Guías de Boas Prácticas, que se poden descargar en formato electrónico na web do programa www.navegaconrumbo.es. Ademais, nesta web están a disposición da comunidade educativa xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa. As sesións están dirixidas preferentemente ao alumnado dos cursos 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Poden inscribirse nesta iniciativa todos os centros públicos, tendo preferencia os participantes no proxecto E-DIXGAL e os centros da rede Abalar. Para participar se debe enviar un correo electrónico ao enderezo contidos@edu.xunta.gal antes do venres 28 de febreiro indicando:
  •     datos do centro (código de centro, teléfono, correo electrónico, capacidade da sala onde se impartirán as sesións)
  •     datos da persoa de contacto (nome e apelidos, cargo)
  •     cursos ou niveis que van asistir e unha estimación do número de persoas

0 comentarios:

Publicar un comentario