lunes, 10 de junio de 2019

A Xunta e Microsoft colaboran para facilitar de xeito gratuíto a plataforma Office 365 a todos centros públicos galegos

O vindeiro curso máis de 280.000 alumnos galegos terán acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional
Ademais, a Administración autonómica e a multinacional porán a disposición dos ciclos de FP de Informática plataformas de desenvolvemento de software para mellorar a súa incorporación ao mercado laboral
O profesorado recibirá formación especializada impartida por profesionais de Microsoft en colaboración con partners do ecosistema dixital galego
Todos os centros educativos públicos de Galicia terán acceso o vindeiro curso de forma gratuíta á plataforma Office 365 de Microsoft, que inclúe a ferramenta de colaboración Microsoft Teams. Máis de 280.000 alumnos e máis de 28.000 docentes poderán aproveitar os recursos da plataforma, que estará dispoñible en galego e castelán, grazas a un acordo entre a Xunta e Microsoft.
Esta plataforma educativa na nube proporciona unha contorna de aprendizaxe segura e innovadora e dota aos alumnos de habilidades dixitais, como a colaboración, creatividade e o pensamento computacional, claves para facer fronte aos requirimentos laborais propios da era dixital.

0 comentarios:

Publicar un comentario