O obxectivo fundamental destes relatorios online, que se van a celebrar os próximos días 11 e 12 de marzo a partir das 18:30 hs, é afondar no modelo pedagóxico dos contidos SmartClassroom desta Editorial.
Coñeceremos como son os contidos SmartClassroom e que funcionalidades nos ofrecen. Os principais temas que se van a tratar son:
- Saber que estudantes están conectados ou non á clase.
- Comprobar quen está traballando nas actividades e que respostas deron.
- Dirixir e bloquear ao alumnado a unha zona concreta da unidade.
- Avaliar preguntas de resposta libre.
- Analizar a evolución do alumnado e as súas puntuacións.
- Reordenar as leccións dunha unidade para cambiar a secuencia didáctica.
- Crear novos contidos (textos, actividades…)
- Analítica.
O webinar para os/as docentes que imparten en Educación Primaria será o mércores día 11 ás 18.30 hs, mentres que para o profesorado de Educación Secundaria será o xoves día 12 ás 18.30 hs. O número máximo de participantes por sesión é de 500.
Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns:
Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns:
0 comentarios:
Publicar un comentario