jueves, 22 de septiembre de 2022

Novas E-Dixgal

 Co fin de recuperar os contidos incluídos nas materias do curso 2021/22, o profesorado terá acceso ata o venres día 7 de outubro ao antigo Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA).

O acceso realizarase a través da url https://eva2122.edu.xunta.gal utilizando as credencias habituais.

É importante ter en conta as seguintes indicacións:

1. O alumnado non está habilitado para poder acceder a este EVA do curso 2021/22.

2. O profesorado accederá só para recuperar contidos ou facer copias de seguridade do curso completo, co fin de restauralas noutro entorno.

3. Non se deberá incorporar ningún contido a eses cursos antes de facer a copia.


0 comentarios:

Publicar un comentario