E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

lunes, 19 de noviembre de 2018

O caderno de notas de SmartClassroom


viernes, 16 de noviembre de 2018

Elementos aulaPlaneta - EDIXGAL

jueves, 15 de noviembre de 2018

Novas unidades Smart dispoñibles para o 2º e 3º trimestre


jueves, 15 de noviembre de 2018, 09:27
Xa están dispoñibles na plataforma as unidades do 2º e 3º trimestre de contidos Smart de:
  • Lingua Castelá e Literatura 5º Educación Primaria.
  • Lingua Galega e Literatura 1º ESO.
  • Matemáticas 2º ESO.
Con esta actualización os contidos Smart dispoñibles son os seguintes:
  • 5º Educación Primaria
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
  • 6º Educación Primaria
    • Inglés
    • Matemáticas
  • 1º ESO
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Lingua Galega e Literatura
  • 2º ESO
    • Inglés
    • Matemáticas

martes, 6 de noviembre de 2018

Webinar SmartClassroom Netex

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan dous webinars sobre contidos SmartClassroom da Editorial Netex, enmarcado dentro do Proxecto E-Dixgal

O obxectivo fundamental destes relatorios online, que se van a celebrar os próximos días 14 e 15 de novembro a partir das 18:30 hs, é afondar no modelo pedagóxico dos contidos SmartClassroom desta Editorial.

Coñeceremos como son os contidos SmartClassroom e que funcionalidades nos ofrecen. Os principais temas que se van a tratar son:

- Saber que estudantes están conectados ou non á clase.

- Comprobar quen está traballando nas actividades e que respostas deron.

- Dirixir e bloquear ao alumnado a unha zona concreta da unidade.

- Avaliar preguntas de resposta libre.

- Analizar a evolución do alumnado e as súas puntuacións.

- Reordenar as leccións dunha unidade para cambiar a secuencia didáctica.
- Crear novos contidos (textos, actividades…)

- Analítica

Estas e outras cuestións serán traballadas nestes curtos webinars. Ademais vostede poderá plantexar as dúbidas que teña sobre calquera cuestión destes contidos.

O webinar para os/as docentes que imparten en Educación Primaria será o mércores día 14 ás 18.30 hs, mentres que para o profesorado de Educación Secundaria será o xoves día 15 ás 18.30 hs. O número máximo de participantes por sesión é de 500.

Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns:

        Primaria: https://attendee.gotowebinar.com/register/3328621214531407884
        Secundaria: https://register.gotowebinar.com/register/5050209033514629389

Reciba un cordial saúdo,

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xerencia de proxectos de Educación
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

jueves, 25 de octubre de 2018

E-Dixgal - Smart classroom


E-Dixgal - CEIP Raquel Camacho (A Coruña)

martes, 16 de octubre de 2018

Consellos de seguridade @edu.xunta.es


lunes, 15 de octubre de 2018

Manuais - editoriais AulaPlaneta - NETEX

Manuais elaborados por MARTÍN PARDIÑAS FONDO
abalar.cee@edu.xunta.es
ASESORÍA ABALAR ZONA CEE
 Sede: CFR Vimianzo


lunes, 8 de octubre de 2018

EPOPTES: Ferramenta de control de aula. (Exclusivamente en equipos abalar)

Logo Epoptes
Epoptes , que significa observador en grego ( país de orixen da aplicación) é unha solución potente pero sinxela para a xestión remota das aulas.
Epoptes é un software que trata de facilitar a tarefa do profesor na aula. Permite unha serie de accións sobre os equipos de aula tales como ver o que están a facer os alumnos, enviar mensaxes, executar aplicacións remotas, bloquear a pantalla, apagar e reiniciar un equipo entre outras

 Titorial: https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/mod/resource/view.php?id=2874

lunes, 1 de octubre de 2018

Eva Formación

Web de Formación de E-Dixgal


Agradecer la aportación del asesor abalar de CEE - Martín Pardiñas

domingo, 23 de septiembre de 2018

Aula Aberta Abalar


domingo, 9 de septiembre de 2018

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Este novo Servizo vai prestar un soporte especializado á infraestrutura tecnolóxica, á plataforma de acceso aos de contidos didácticos e ás ferramentas de seguimento do alumnado proporcionados pola Xunta de Galicia á comunidade educativa dos centros E-Dixgal, recollendo as consultas, notificacións de incidencia, ou as solicitudes e a aclaracións de dúbidas sobre o Proxecto de Educación Dixital.

As nais, os pais ou o alumnado deberán dirixirse ao Servizo Premium para xestionar e solucionar calquera incidencia ou dúbida que teñan sobre o equipo do/a alumno/a ou o acceso e uso da Plataforma de Contidos Dixitais (EVA) tanto online como offline.



O profesorado que imparte en cursos E-Dixgal, así como os/as coordinadores/as, deben empregar este Servizo Premiun para notificar e xestionar as incidencias do equipamento dixital das aulas (encerado dixital, videoproxector, portátil de aula, carro de carga, WIFI Abalar, servidor Abalar e SAI) , as dos equipos do alumnado,  e as do portátil do profesorado facilitado pola Xunta de Galicia aos docentes que imparten materias dentro do Proxecto Educación Dixital. As incidencias de acceso á plataforma de Contidos Dixitais, así como as súas posibilidades uso e as pautas a un correcto funcionamento da mesma, tamén deben ser motivo de consulta neste novo Servizo.

O contacto co Servizo Premiun pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881 86 99 00 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es.

Co fin de axilizar a resolución de incidencias e acurtar distancias entre os usuarios do servizo e a infraestrutura de soporte, o Servizo Premiun pon en marcha dúas novidades: por un lado, a atención no domicilio dos docentes e familias se fose necesario, e, por outra parte, a atención descentralizada en 80 Puntos Físicos de Atención Especializada repartidos nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, situados estratexicamente de maneira que cada centro E-Dixgal dispoña nas súas proximidades dun destes puntos.

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/proxecto-e-dixgal-servizo-premium-de-atencion-soporte-e-acompanamento

martes, 4 de septiembre de 2018

Xornada de formación do Proxecto E-Dixgal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.

O obxectivo deste encontro é informar sobre as novidades para o curso 2018-2019, así como a realización de obradoiros sobre o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, etc.

Esta Xornada terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, este venres 7 para as persoas coordinadoras de centros actuais E-Dixgal e o día 10 de setembro para as persoas coordinadoras dos centros E-Dixgal que se incorporan no curso 2018-2019.

A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a  asesoria.tic@edu.xunta.es indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos)

 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/xornada-de-formacion-do-proxecto-e-dixgal